100 francos Marie Curie "100 francs Marie Curie". fr.numista.com"100 Francs (50th Death anniversary of physicist Marie Curie - 0.900)". Colnect.comLauber W. (2013) . Páxinas 113, 115 (foto na páxina 112).145x145px145x145pxA/: Dúas coroas de pólas de oliveira e palma. Valor facial. Marcas de ceca (cornucopia e golfiño). Lendas: RÉPUBLIQUE • FRAÇAISE / LIBERTÉ - ÉGALITÉ - FRATERNITÉ / PHYSIQUE / CHIMIE R/: Busto de perfil de Marie Courie cara á dereita. Nome do gravador (CORBIN) baixo o busto. Lendas: • MARIE CURIE • • 1867 - 1934 • Período: 5ª República Francesa. Data: 1984. Ceca: Monnaie de Paris. Deseñador: Raymond Corbin. Tiraxe total: 4.066.247 exemplares. Metal: prata (900 milésimas). Diámetro: 31,00 mm. Peso: 15, 00 g. Espesor: 2,10 mm. Canto: liso.

Os 100 francos Marie Curie son unha moeda francesa de prata con valor facial de cen francos franceses emitida en 1984 en conmemoración do cincuentenario do falecemento da científica polaca naturalizada francesa Marie Curie (1867-1934), galardoada co premio Nobel en dúas ocasións.

Moeda circulante Tanto o anverso como o reverso desta moeda foron deseñados e gravados polo escultor e medallista francés Raymond Corbin (1907-2002).

O anverso reproduce como motivo prinipal senllas coroas vexetais, unha de palma e outra de oliveira, que representan cada unha un dos premios Nobel obtidos por Marie Curie, o de Física en 1903 e o de Química en 1911.

No reverso amósase un retrato de Marie Curie de perfil, ollando cara á dereita. miniatura|200x200px|Retrato de Marie Curie en 1903. Da produción do franco conmemorativo do 50º aniversario do pasamento de Marie Curie encargouse a Monnaie de Paris.

Existe unha variante da moeda, á parte do seu modelo estándar. Trátase dunha tiraxe reducida cun acabamento especial (proof ou essai), con fondo espello e relevo mate, na que se inscribiu a palabra ESSAI en letras pequenas no reverso, preto do bordo dereito da moeda."100 Francs (Essai 50th Anniversary - Death of Marie Curie)". Colnect.com

Emisións especiais noutros metais Ademais da súa emisión ordinaria, destinada á súa posta en circulación, existen outras diversas versións desta moeda con idéntico deseño e cuñadas en metais diferentes, algunhas delas tamén en verión piéfort, é dicir co dobre de grosor e de peso."100 frans Marie Curie 1984". fr.numista.com"100 Francs (50th Anniversary - Death of Marie Curie". Colnect.com

Tipos e tiraxes MetalTipo de emisiónPesoExemplares cuñadosPrataEstándar.15 g4.066.247Proof - Essai.15 g1.850Piéfort.30 g500OuroEstándar.17 g5.000Piéfort.53,7 g34PlatinoPiéfort60 g9

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Demougin, J. (2003). Histoire du franc. Editions du Layeur. ISBN 978-2915118094

Outros artigos

Marie Curie Monnaie de Paris Franco francés

Categoría:Franco (moeda) Categoría:Moedas de Francia Categoría:Moedas conmemorativas