Ariarico (latín: Ariaricus) ou Ariaco (latín: Ariacus) foi o primeiro xefe (xuíz) tervingo cuxa existencia está historicamente confirmada e que aparece noutras fontes independentes dos Getica de Xordanes, sendo ás veces considerado o primeiro xefe coñecido.
Traxectoria Segundo informan as fontes, na década de 320 os tervingos dominaban o Baixo Danubio. Como resultado do seu apoio militar a Licinio (reinado 308–324) durante as guerras civís da Tetrarquía, en 328 o emperador Constantino o Grande (reinado 306–337) ordenou a construción dunha ponte sobre o río e fortes ao longo do seu curso, especialmente nas rexións de Oltenia e Valaquia. Esta presión romana obrigou á migración dos tervingos e taifales ao Tisza, entón unha zona controlada polos sármatas. Estes últimos solicitaron, á súa vez, axuda ao imperio e o César Constantino II (reinado 317–340) foi enviado a unha campaña no inverno de 332 que conseguiu expulsalos de volta ao Baixo Danubio. Segundo se informa, esta campaña provocou a morte de aproximadamente 100.000 persoas debido ao clima e á falta de alimentos.
Ese mesmo ano, 332, Constantino e Ariarico acordaron un pacto (foedus) polo cal os tervingos debían pagar un tributo ao imperio e proporcionar recrutas ao exército imperial; moitos destes recrutas foron dirixidos a Oriente para loitar contra o Imperio Sasánida. O fillo de Ariarico, Aorico,pata garanti-lo acordo de paz, foi entregado como refén e educado en Constantinopla.. Ariarico, segundo Getica, foi substituído por Xeberico.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Tervingos Godos
Categoría:Godos Categoría:Nados no século III Categoría:Finados no século IV