Eugenio Driutti, nado en Tarcento (Udine) o 14 de xaneiro de 1949, é un gravador, medallista e deseñador de moedas italiano.

Traxectoria Eugenio Driutti estudou medallística na Escola de Arte da Medalla Giuseppe Romagnoli, da Casa da Moeda do Estado, en Roma, onde ingresou no curso 1971-1972. Alí formouse con mestres como Pietro Giampaoli e pasou a formar parte da chamada escola friulana de medallistas."Eugenio Driutti". Mebnet.altervista.org

Logo da súa formación en Roma ingresou nun taller en Udine, onde se instruíu nas artes do gravado con cicel, ata que en 1981 se incorporou ao cadro de gravadores da ceca pública italiana.

Obra miniatura|121x121px|Reverso da moeda de 200 liras de 1992, conmemorativa da Exposición Filatélica Xénova 92.

Eugenio Drutti é autor dun bo número de moedas, tanto circulantes como conmemorativas, cuñadas non só para Italia senón tamén para a Cidade do Vaticano e para a República de San Marino.Catálogo de moedas deseñadas por Eugenio Driutti. Numista.com

Entre os seus traballos máis salientables están, entre outros, o anverso da moeda dun céntimo de euro de Italia"1 Euro Cent". Numista.com e os reversos das moedas de 200 liras de 1990 e de 1992, conmemorativas do Consello de Estado italiano e da Exposición Filatélica Xénova 92, respectivamente."200 Lire Philatelic Exhibition - Genoa'92". Numista.com"200 Lire State Council". Numista.com

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Lista de deseñadores das moedas de euro

Ligazóns externas

Vídeo: Eugenio Driutti - incisore medaglista

Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados na provincia de Udine Categoría:Deseñadores de moeda de Italia Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Personalidades sen imaxes