Jan Alfons Keustermans, nado en Anveres o 6 de maio de 1940, é un escultor, gravador e deseñador de moedas belga.
Traxectoria esquerda|miniatura|213x213px|Estatua de bronce de Keustermans en Lier (1986).
Jan Alfons Keustermans cursou estudos artísticos no Instituto Nacional Superior de Belas Artes de Anveres, a súa cidade natal, e foi director da Academia Municipal de Belas Artes de Turnhout, na provincia de Anveres, ata o ano 2000."Figuur in lover: Jan Alfons Keustermans". Kunst in de Stad (www.kunstindestad.be) 7 de novembro de 1985.
Keustermans iniciouse na escultura sobre madeira na restauración de edificios, e tamén sobre pedra, traballando con fabricantes de lápidas. Na súa primeira época elaborou varios obras de temática relixiosa en madeira, e os seus traballos escultóricos posteriores están feitos en materiais tan diversos como pedra azul, bronce, xeso, arxila, mármore ou poliéster, cos temas recorrentes do espido feminino e as composicións con múltiples figuras. +Bustos de Alberte II nas moedas belgas 117x117px 117x117px Serie en francos (1994-2001)Serie en euros (1999-2013)
Ademais da súa obra escultórica, en 1994 Jan Alfons Keustermans gañou un concurso convocado polo Ministerio de Facenda de Bélxica para crear un retrato do rei Alberte II (1993-2013) para o anverso das moedas de curso legal no país emitidas entre 1994 e 2001.Colaert, M. (1994). "Les nouvelles monnaies à l’effigie de S. M. le Roi Albert II". Revue belge de Numismatique. Vol.140. Páxinas 99-103. Con ocasión do cambio da unidade monetaria, en 1997 encargóuselle un deseño similar para a serie de moedas en euros que comezarían a cuñarse dous anos despois.Moedas deseñadas por Jan Alfons Keustermans. Numista.com
Recoñecementos
Keustermans acadou nomerosos premios e recoñecementos, sobre todo polo seu labor como escultor, entre eles os seguintes:
(1958) Premio Mistler. (1959) Premio Jussiant. (1960) Premio T. Van Lerius. (1960) Premio da Solidariedade, do Club XII (Academia de Anveres). (1961) Premio Janssens de Bareveke. (1962) Premio Familia Oppenheimer, do Club XII (Academia de Anveres). (1963) Premio Hendrickx, do Club XII (Academia de Anveres). (1964) Premio Bugatti.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de deseñadores das moedas de euro
Categoría:Nados en 1940 Categoría:Nados en Anveres Categoría:Deseñadores de moeda Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Escultores de Bélxica Categoría:Personalidades sen imaxes