Edwin Nicholas "Nick" Arnold, nado o 16 de outubro de 1940 e finado o 23 de setembro de 2023, foi un herpetólogo británico.
Traxectoria Ex conservador de herpetoloxía no Museo de Historia Natural de Londres, Arnold fixo achegas fundamentais á herpetoloxía de Europa e de África do Norte, especialmente en xecos e en lagartos da familia dos lacértidos.
Descubriu e describiu 36 especies e 4 subespecies de réptiles,Especies de répties descritos por Arnold en The Reptilia Database. e atribúeselle tamén a descrición de Australolacerta australis.Australolacerta australis Arnold, 1989 no GBIF. Consultado o 2 de outubro de 2022.Australolacerta australis Arnold, 1989 na BioLib. Consultada o 2 de outubro de 2022.
Escribiu A Field Guide to the Reptiles and Amphibians of Britain and Europe, da que se publicaron varias edicións.Lambert, M. R. K. (1978): "[A review of] A Field Guide to the Reptiles and Amphibians of Britain and Europe, by E. N. Arnold and J. A. Burton, illustrated by D.W. Ovenden]. Oryx 14 (4): 428–429.
Algunhas publicacións 1973. "Relationships of the Palearctic lizards assigned to the genera Lacerta, Algyroides and Psammodromus (Reptilia: Lacertidae)". Bulletin of the British Museum (Natural History), Zoology 25: 289-366. 1978. A Field Guide to Reptiles and Amphibians of Britain and Europe. (Ilustrado por D. W. Ovenden). Londres: Collins. ISBN 0-0021-9318-3. 1989. "Towards a phylogeny and biogeography of the Lacertidae: relationships within an old-world family of lizards derived from morphology". Bulletin of the British Museum, Natural History (Zoology) 55 (2): 209-257. 2007. "Systematics of the Palearctic and Oriental lizard tribe Lacertini (Squamata: Lacertidae: Lacertinae), with decriptions of eight new genera". Zootaxa 1430: 1-86. Con Óscar Arribas e Salvador Carranza. 2009. "Relationships, evolution and biogeography of Semaphore geckos, Pristurus (Squamata, Sphaerodactylidae) based on morphology". Zootaxa 2060: 1-21.
Honores Polo menos catro especies de réptiles foron nomeadas en honor de Arnold:Beolens, Bo; Watkins, Michael & Grayson, Michael (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5. ("Arnold, E. N.", p. 11). Hemidactylus arnoldi Lanza, 1978 Asaccus arnoldi Simó-Riudalbas, Tarroso, Papenfuss, Al-Sariri & Carranza, 2017 Mesalina arnoldi Sindaco, Simó-Riudalbas, Sacchi & Carranza, 2018 Dipsochelys arnoldi Bour, 1982 (Ás veces considerada como unha subespecie de Aldabrachelys gigantea)
Abreviatura A abreviatura Arnold enprégase para recoñecer a Edwin Nicholas Arnold como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Herpetólogos do Reino Unido Categoría:Nados en 1940 Categoría:Finados en 2023