Gonzalo Becerra Souto, nado en Vilaicente (As Nogais) en 1910 e finado no mesmo lugar o 12 de febreiro de 1976, foi un político galego que estivo corenta anos agochado.
Traxectoria Foi canteiro en Francia. Na época da República conducía unha camioneta baixando carbón de Fabeiro a Ponferrada. Militante da CNT. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba na casa dos seus pais José e Rufina en Vilaicente cos seus irmáns Manuel e Ovidio. Sabéndose en perigo fuxiu co seu irmán Manuel, membro do comité comunista de Vilaicente, e agochouse en varias casas e finalmente, en agosto, no domicilio paterno. En represalia detiveron ao seu pai José Becerra Lage, que estivo preso no campo de concentración de Arnao. Gonzalo agochouse nun tobo de dous metros cadrados escavado ao pé da súa casa ao que accedía de costas para poder saír de cara; saía polas noites para estirar as pernas. Foi atendido pola súa nai e o seu irmán Ovidio, que lle traía papel e novelas do Oeste. Parece que tivo contacto co guerrilleiro Abelardo Gutiérrez Alba. Estivo 40 anos agochado nese tobo. Durante ese tempo escribiu un diario, que foi recuperado e doado polo seu irmán Ovidio ao proxecto As vítimas, os nomes, as voces e os lugares.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Gonzalo Becerra Souto El maquis en casa Placa de Gonzalo Becerra no cemiterio de Vilaicente
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados nas Nogais
Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1976