Poromera fordii é unha especie de lagarto da familia dos lacértidos, subfamilia dos lacertinos, e tribo dos Lacertini, a única do xénero Poromera.Poromera Boulenger, 1887 no GBIF. Consultado o 10 de outubro de 2022.Poromera Boulenger, 1887 na BioLib. Consultada o 10 de outubro de 2022.Poromera Boulenger, 1887 no ITIS. Consultado o 10 de outubro de 2022.

A especie é endémica do oeste da África central.Poromera fordii (Hallowell, 1857) en The Reptlie Database.

Taxonomía Descrición Xénero O xénero foi descrito en 1887, polo biólogo belga, nacionalizado británico, George Albert Boulenger.

Especie A especie fora descrita en 1857 polo médico e herpetólogo estadounidense Edward Hallowell, baixo o nome Tachydromus fordii.

Etimoloxías O nome do xénero, Poromera deriva das palabras do grego antigo πόρος póros, "poro", e μηρός mērós, "coxa", en referencia á longa serie de poros femorais nas coxas desta especie.

O epíteto específico, fordii, é unha homenaxe ao doutor Henry A. Ford, un médico misioneiro en Gabón, que recolleu exemplares para a Academia de Ciencias Naturais de Filadelfia.Beolens, Bo; Watkins, Michael & Grayson, Michael (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5. (Poromera fordii, p. 92).

Sinónimo Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polo sinónimo: Tachydromus fordii Hallowell, 1857 (protónimo)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lacértidos Lacertinos

Categoría:Réptiles Categoría:Animais descritos en 1857 Categoría:Fauna de África