Drahomír Zobek, nado en Nová Baňa, na rexión de Banská Bystrica, o 20 de xullo de 1952, é un escultor, medallista e deseñador de moeda eslovaco."Drahomír Zobek". ABART.
Traxectoria
Drahomír Zobek cursou entre 1967 e 1971 estudos profesionais artísticos na Escola de Artes Aplicadas SUPŠ, de Kremnica,"Drahomír Zobek". Mezinárodní Medailérské Sympozium v Uherském Hradišti. 2010 na especialidade de gravado gráfico, en placa metálica e en plástico.
Logo do seu período formativo ingresou no cadro de gravadores da Casa da Moeda de Kremnica, e alí ocupou o cargo de gravador xefe entre 1992 e 1997. Neste último ano abandonou a ceca pública eslovaca para traballar como creador independente, con colaboracións puntuais con empresas privadas do sector da medallística."Drahomír Zobek". Mince na území Slovenska.
Nas súas creacións utiliza a modo de sinatura as súas iniciais DZ ou ben simplemente o Z do seu apelido.
Drahomír Zobek é membro da Asociación de Medallistas de Eslovaquia, entidade que presidiu durante un longo período. Tamén é membro da Federación Internacional da Medalla de Arte, en cuxas exposicións internacionais participou asiduamente: Lisboa (1979), Florencia (1983), Estocolmo (1985), Helsinqui (1990), Budapest (1994), París (2002) Seixal (2004) e Kremnika (1995).
Obra miniatura|190x190px|Insignia militar eslovaca creada por Drahomír Zobek.
Esculturas Dentro da súa escasa produción como escultor, cabe salientar a escultura do cineasta Viktor Kubal e do seu personaxe Zbojník Jurko ("Jurko o bandido") na "calella dos narices famosos" de Kremnica, ambas de 2006."Viktor Kubal. The alley of famous noses". Kremnické Gagy (gagy.eu)
Medallas Aínda que a súa obra abrangue tamén condecoracións, insignias, fichas, imáns e outros obxectos de pequeno tamaño, o máis salientable das súas creacións está na medallística. Algunhas das súas medallas están dedicadas a personaxes como Xoán Paulo II (1990) e outras, máis comunmente, a conmemoracións como 50 aniversario da Organización Numismática de Bratislava (1984) ou os 150 anos do ferrocarril en Eslovaquia (1998).
Moedas miniatura|260x260px|Moeda eslovaca de céntimos de euro coa montaña Kriváň ao fondo. Drahomír Zobek iniciouse na creación de moedas como autor de tres moedas conmemorativas da coroa checoslovaca, entre 1986 e 1991, e a partir de 1993 creou a primeira serie circulante da coroa eslovaca para a Eslovaquia independente.
Coa integración do seu país na Eurozona, encomendóuselle tamén o deseño do anverso nacional das moedas circulantes divisionarias de 1, de 2 e de 5 céntimos de euro cuñadas na Casa da Moeda de Kremnica, para as que escolleu unha representación da montaña Kriváň, dos Altos Tatras, cargada de simbolismo para Eslovaquia.Moedas deseñadas por Drahomír Zobek. Numista.com
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de deseñadores das moedas de euro
Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados no kraj de Banská Bystrica Categoría:Deseñadores de moeda Categoría:Artistas de Eslovaquia Categoría:Personalidades sen imaxes