BugSat-1, alcumado como Tita, é un satélite artificial arxentino lanzado o 19 de xuño de 2014 mediante un foguete Dnepr (foguete) desde o cosmódromo de Yasny en Dombarovsky.
Características BugSat-1 era un demostrador tecnlóxico para estudar a viabilidade da constelación de satélites ÑuSat de observación terrestre, deseñados pola compañía arxentina Satellogic S.A.. Cunha masa de 22 kg e unhas dimensións de 275 x 500 x 500 mm, o satélite probou unha serie de tecnoloxías para a nova constelación, levando a bordo tres antenas, unha cámara de resolución media, un receptor GPS, unha radio UHF e unha radio en banda C. BugSat-1 transmitía de manera periódica paquetes AX.25 para a comunidade de radioafeccionados na banda UHF.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Dnepr (foguete)
Categoría:Satélites artificiais