O Hospital HM La Rosaleda, antigo Hospital Policlínico La Rosaleda, é un hospital de carácter privado situado na cidade de Santiago de Compostela.
Historia Foi idea do doutor Xerardo Fernández Albor, e en 1960 comezou a súa construción co mecenado de Eduardo Cancelo Puga. Inaugurouse en 1964, como proxecto dos doutores Fernández Albor, Eduardo Cancelo Puga, Luciano García Alén, Agustín Sixto Seco, Cabo Rey, Fermín Bescansa Martínez, Moreno de Orbe, José María Balboa Troiteiro, Manuel Anxo Cortizo Blanco e Carlos Leira Tormo.
Creado co nome de Hospital Policlínico La Rosaleda, mudou a denominación tras adquirilo a corporación HM Hospitales en 2017.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas HM Rosaleda
Categoría:Hospitais de Galicia Categoría:Arquitectura civil en Santiago de Compostela