José Luis Vaamonde Fraga, nado en Melide e finado no mesmo concello o 22 de xaneiro de 1975, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de Elena Fraga Grimaldos. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 alistouse no exército sublevado e foi alférez provisional. Concelleiro en Melide, e primeiro tenente alcalde, foi nomeado alcalde de Melide en xuño de 1949. Cesou como alcalde en marzo de 1952. Foi deputado provincial dende marzo de 1949.La Voz de Galicia, 22-3-1949, p. 2. Finou en Melide o 22 de xaneiro de 1975.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 23-1-1975, p. 45.

Recoñecementos

Unha rúa de Melide leva o seu nome.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Alcaldes de Melide Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en Melide Categoría:Finados en 1975