Guillermo del Valle Ordieres, nado en Arroes (Villaviciosa) en 1918 e finado na Coruña o 11 de agosto de 2001, foi un político galego.

Traxectoria

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi fundador e organizador de Falange en Sada xunto con Miguel Pérez Sanjurjo. Foi nomeado xefe local de Falange Española Tradicionalista y de las JONS de Sada en setembro de 1941.La Voz de Galicia, 4-9-1941. p. . Foi concelleiro en Sada. Foi nomeado alcalde de Sada en 1949. Foi nomeado Inspector provincial do Movimiento en 1952,La Voz de Galicia, 27-8-1952. p. 2. e elixido procurador en Cortes en marzo de 1958.La Noche, 31-3-1958, p. 2.1 Cesou como alcalde de Sada en 1964. Foi oficial maior na Xefatura provincial do Movimiento da Coruña e asesor no Goberno Civil da Coruña durante a transición democrática. Finou na Coruña o 11 de agosto de 2001.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 12-8-2001. p. 56.

Recoñecementos Comendador da Orde do Mérito Civil. Medalla de Ouro da Orde de Cisneros.

Vida persoal Casou con María del Carmen Carballeira Guerra e foi pai de María del Carmen e Ana María del Valle Carballeira.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Guillermo del Valle Ordieres (Alcalde)

Categoría:Falanxistas Categoría:Alcaldes de Sada Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Procuradores en Cortes galegos

Categoría:Nados en Villaviciosa, Asturias

Categoría:Nados en 1918

Categoría:Finados en 2001