As bestas é un filme hispano-francés de 2022 dirixido por Rodrigo Sorogoyen. Está protagonizado por Denis Ménochet, Marina Foïs, Luis Zahera e Diego Anido. Está ambientado en Galicia e foi rodado en galego, francés e castelán. Inspirado nos feitos reais que lles ocorreron a unha parella neerlandesa en Santoalla, o filme conta a historia dunha parella francesa (Ménochet e Foïs) asentada no campo galego, e explora cuestións de xenofobia e a escalada na hostilidade entre veciños impulsada por un conflito por un proxecto de parques eólicos.
Estreouse internacionalmente na 75ª edición do Festival de Cannes o 26 de maio de 2022, e tamén se proxectou nos festivais de Donostia, Tokyo e Chicago. Estreouse nos cinemas de Francia o 20 de xullo de 2022 e nos de España o 11 de novembro de 2022.
As bestas conseguiu 17 nomeamentos na 37ª edición dos Premios Goya, e gañou en 9 categorías, incluíndo mellor filme, director, guión orixinal, actor (Ménochet) e actor secundario (Zahera).
Sinopse Ambientado no rural de Galicia, o filme conta a historia dunha parella francesa que se instala nunha pequena aldea na procura de conectar coa natureza. Porén, a súa presenza esperta a hostilidade e a violencia dunha parella de veciños.
Baséase na historia real do matrimonio de Margot Pool e Martin Verfondern, chegados na década de 1990 á pequena aldea de Santoalla do Monte na comarca de Valdeorras, feitos que inspiraron o documental estadounidense Santoalla, de 2016.
Personaxes miniatura|200px|Luis Zahera co Goya ao mellor actor secundario pola súa interpretación de Xan Anta.
Denis Ménochet como Antoine DenisAs Bestas – Press kit by Le Pacte (in French) Marina Foïs como Olga Denis Luis Zahera como Xan Anta Diego Anido como Lorenzo Anta Marie Colomb como Marie Denis Machi Salgado como Rafael Luísa Merelas como nai dos Anta José Manuel Fernández y Blanco como Pepiño Federico Pérez como Mariano Javier Varela como Xosé David Menéndez como Alfonso Xavier Estévez como o sarxento Espín Emile Duthu como Pierrot Gonzalo García como Breixo
Produción O filme foi producido por Arcadia Motion Pictures, Caballo Films, Cronos Entertainment e Le Pacte, coa participación de RTVE, Movistar+, Canal+ e Cine+, o apoio de Eurimages e financiamento de ICAA. O guión foi escrito conxuntamente entre Isabel Peña e Sorogoyen. Entre o equipo de produción están moitos colaboradores habituais de Sorogoyen (como o compositor Olivier Arson, o director de fotografía Alex de Pablo e o editor de filmes Alberto del Campo).
Sorogoyen informou de que rodaría o filme "como un western". A rodaxe comezou o 16 de setembro de 2021 e rematou o 13 de decembro de 2021. As localizacións da rodaxe inclúen O Bierzo e a Galicia interior.
Estrea As bestas estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes o 26 de maio de 2022, proxectándose fóra de competición na sección Cannes Première. O filme estreouse nos cinemas franceses o 20 de xullo de 2022. Tamén se proxectou na 70ª edición do Festival Internacional de Cinema de Donostia en setembro de 2022, como parte da lista de filmes 'Pearls'. Tamén foi escollido na lista principal do 35º Festival Internacional de Cinema de Tokyo (para a súa estrea asiática). Dende abril de 2022, ten unha data provisional de estrea en cinemas en España fixada para o 11 de novembro de 2022.
Acollida dereita|miniatura|Entrada para o filme As bestas en Cantones Cines da Coruña. Wendy Ide de ScreenDaily considerou que o filme é "un suspense psicolóxico estupendo e unha peza de cinema melancólica e musculosa que aproveita ao máximo tanto o telón de fondo galego como o impoñente físico de Menochet e o seu némese Xan, o notable Luis Zahera.
Manu Yáñez de Fotogramas valorou o filme con 3 de 5 estrelas, escribindo que Sorogoyen "mostra o seu talento para xerar situacións cargadas de hostilidade flagrante", valorando "a forma en que Sorogoyen xestiona o tempo de cada escena", sendo o mellor do filme, ao tempo que debuxa o "retrato grotesco dos habitantes do rural galego”, próximo á caricatura, como o peor da mesma.
Nunha reportaxe na Radio Galega fixéronse eco de críticas en redes sociais e xornais polo que cualificaron de "torva e inaceptable mirada sobre Galicia" e de presentar o país como diferente, mais non pola súa cultura "senón polo seu primitivismo brutal".
En agosto de 2022, os membros da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España escolleu As bestas na súa preselección de tres filmes para a súa candidatura ao mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar xunto a Alcarràs e Cinco lobitos. O filme foi nomeado ademais a 17 premios Goya.
Galardóns e nomeamentos Ano Galardón Categoría Candidato(s) Resultado 2022 Festival Internacional de Cinema de Donostia Premio do Público Cidade de Donostia/San Sebastián ao Mellor Filme Europeo As bestas Festival Internacional de Cinema de Chicago Hugo de Ouro Silver Hugo for Best Ensemble Performance Denis Ménochet, Marina Foïs, Luis Zahera, Diego Anido e Marie Colomb Festival Internacional de Cinema de Tokyo Gran Premio As bestas Mellor director Rodrigo Sorogoyen Mellor actor Denis Ménochet Premios Forqué Mellor filme As bestas Mellor actor Denis Ménochet 2023 Premios Lumières Mellor actor Denis Ménochet Mellor coprodución internacional Premios Feroz Mellor filme dramático Ignasi Estapé, Sandra Tapia, Ibon Cormenzana, Eduardo Villanueva Mellor director Rodrigo Sorogoyen Mellor guión Rodrigo Sorogoyen, Isabel Peña Mellor actriz Marina Foïs Mellor actor Denis Ménochet Mellor actor secundario Diego Anido Luis Zahera Mellor banda sonora Olivier Arson Mellor trailer Miguel Ángel Trudu Mellor póster Jordi Rins, Lucía Faraig Premios Carmen Mellor filme non andaluz Premios CEC Mellor filme Mellor director Rodrigo Sorogoyen Mellor actor Denis Ménochet Mellor actriz Marina Foïs Mellor actor secundario Luis Zahera Diego Anido Mellor actriz secundaria Marie Colomb Luisa Merelas Mellor guión orixinal Isabel Peña, Rodrigo Sorogoyen Mellor fotografía Alex de Pablo Mellor montaxe Alberto del Campo Mellor música Oliver Arson Premios Goya Mellor filme Mellor dirección Rodrigo Sorogoyen Mellor guión orixinal Isabel Peña, Rodrigo Sorogoyen Mellor actor Denis Ménochet Melor actriz Marina Foïs Mellor actor secundario Diego Anido Luis Zahera Mellor actriz secundaria Marie Colomb Mellor fotografía Álex de Pablo Mellor montaxe Alberto del Campo Mellor música orixinal Olivier Arson Mellor son Aitor Berenguer, Fabiola Ordoyo, Yasmina Praderas Mellor dirección artística José Tirado Mellor deseño de vestiario Paola Torres Mellor maquillaxe e peiteado Irene Pedrosa, Jesús Gil Mellores efectos especiais Óscar Abades, Ana Rubio Mellor dirección de produción Carmen Sánchez de la Vega Premios César Mellor filme estranxeiro Premios da Unión de Actores e Actrices Mellor actriz Marina Foïs Pendente Mellor actor Denis Ménochet Pendente Mellor actor secundario Luis Zahera Pendente Mellor actriz secundaria Marie Colomb Pendente Mellor actor novel Diego Anido PendentePremios PlatinoMellor actor secundarioLuis Zahera Mellor directorRodrigo Sorogoyen Mellor sonAitor Berenguer, Fabiola Ordoyo, Yasmina Praderas Mellor montaxeAlberto del Campo
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Ariane Allard, « Regarde les hommes se battre (et tomber) », Positif, 737-738, Institut Lumière/Actes Sud, París, xullo-agosto de 2022, páx. 124, 0048-4911. Propos de Rodrigo Sorogoyen recueillis par Yves Alion, « A propos de As Bestas », L'Avant-scène Cinéma, 694, Alice Edition, París, xuño de 2022, páx. 174-179, 0045-1150 Outros artigos Lista de filmes en galego con maior recadación
Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Rodrigo Sorogoyen Categoría:Filmes ambientados en Galicia Categoría:Filmes ambientados en España