miniatura|250px|Roystonea oleracea
Roystonea é un xénero de plantas da división das anxiospermas, clase das liliópsidas, orde das arecales e familia das arecáceas.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1900 polo botánico e entomólogo estadounidense Orator F. Cook.Roystonea O.F.Cook no GBIF. Consultado o 29 de outubro de 2022.Roystonea O.F.Cook na BioLib. Consultada o 29 de outubro de 2022.
Sinónimo Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo: Gorgasia O.F.Cook
Etimoloxía O nome do xénero, Roystonea, é unha homenaxe a Roy Stone, un enxeñeiro do Exército dos Estados Unidos .
Especies No xénero recoñécense as seguintes especies: Roystonea altissima (Mill.) H.E.Moore Roystonea borinquena O.F.Cook Roystonea dunlapiana P.H.Allen Roystonea lenis León Roystonea maisiana (L.H.Bailey) Zona Roystonea oleracea (Jacq.) O.F.Cook Roystonea princeps (Becc.) Burret Roystonea regia (Kunth) O.F.Cook Roystonea stellata León Roystonea violacea León
Características Son palmeiras grandes, con tronco solitario de 20 a 30 m de altura e follas pinnadas. A súa grande altura e a aparencia rechamante destas palmeiras convértense nun aspecto notábel da paisaxe. Os troncos, que Louis Agassiz e Elizabeth Agassiz compararon con columnas de pedra en 1868, son lisos e columnares, aínda que os troncos de R. altissima e R. maisiana son máis delgados que os das palmas reais típicas.
Os troncos a miúdo están inchados e avultados en varias partes da súa lonxitude, o que pode reflectir anos nos que as condicións de crecemento foron mellores ou peores que o promedio.
As cicatrices das follas a miúdo son prominentes ao longo do caule, especialmente en individuos xoves de rápido crecemento. A cor do tronco varía de branca agrisada a parda agrisada, excepto en R. violacea, que ten troncos de cor parda violeta ou malva.
R. oleracea alcanza alturas de 42 m, pero a maioría das especies encóntranse no rango de 15 a 20 m.
O espécime máis grande de R. oleracea encóntrase na Floresta Estadual Edmundo Navarro de Andrade en Río Claro, São Paulo, Brasil, e alcanza os 42,4 m de altura.
Distribución As súas especies están distribuídas por toda a zona do Caribe, tanto nas Antillas, desde Cuba até Trinidad, como nos países centroamericanos, no estado de Florida, en Colombia e en Venezuela.Flora of North America, Roystonea O. F. Cook, Science. ser. 2, 12:479. 1900. Govaerts, R. & Dransfield, J. (2005): World Checklist of Palms: 1-223. The Board of Trustees of the Royal Botanic Gardens, Kew.
O xénero comprende algunhas das palmeiras máis coñecidas e comunmente cultivadas nas rexións tropicais e subtropicais.
Cuba contén a maior diversidade de especies.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Riffle, Robert L. & Craft, Paul (2003): An Encyclopedia of Cultivated Palms. Portland: Timber Press. ISBN 978-0-8819-2558-6.
Outros artigos Arecales Arecáceas
Ligazóns externas Todas as especies do xénero Roystonea, coas subespecies e variedades no IPNI. Kew Palms Checklist: Roystonea Flora of North America: Roystonea
Categoría:Palmeiras Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Flora de América