CAST-968 ou CAST968 (acrónimo de China Academy of Space Technology 968) é un bus construído por CAST para o uso con diferentes tipos de satélites.

Características CAST-968 é un bus pensado para satélites duns 500 ou máis kg para misións de comunicacións, tecnoloxía ou observación terrestre. Pode proporcionar unha potencia de ata 1000 W cunha esperanza de vida de ata cinco anos. O bus ten forma de caixa de 1,4 x 1,1 x 0,953 m, cuns paneis solares cunha envergadura de ata 7,5 m. Usa estabilización nos tres eixos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos CAST-1000 CAST-2000 CAST-3000

Categoría:Astronáutica