A sopa negra ou caldo negro (en grego antigo: μέλας ζωμός, mélās dsōmós) era un prato tradicional espartano elaborado con sangue, viño e vísceras; considerábase símbolo da frugalidade dos costumes espartanos e era o alimento fundamental consumido na sissitía, comida colectiva dos espartanos.
Era un guiso de porco, escurecido pola adición de sangueSuídas, s.v. ζωμὸς μέλας. ἡ λεγομένη αἱματιὰ. e viño. Aínda que non se conservou ningunha receita deste prato, crese que tamén incluía vinagre, para actuar como emulsionante evitando que o sangue do porco callase durante a cocción.
Segundo a lenda, un home de Síbaris, cidade do sur de Italia famosa polo seu luxo e gula, dixo despois de probar a sopa negra que entendía por que os espartanos estaban tan dispostos a morrer.
Historia Plutarco, na Vida de Licurgo, di que un rei da rexión do Ponto, despois de ter oído falar deste famoso caldo e sentindo curiosidade, trouxo un cociñeiro espartano para que o preparase. Cando o probou, pareceulle pésimo, e o cociñeiro díxolle entón que para gozalo ao máximo había que se bañar primeiro no Eurotas –o río do Peloponeso que pasa por Esparta–, o que significaba que había que apreciar os costumes e as tradicións espartanos, adaptándose a un estilo de vida sinxelo e esencialPlutarco, Vida de Licurgo 12..
O propio Plutarco di que os anciáns espartanos non comían carne, que se deixaba aos mozos, preferindo alimentarse case exclusivamente de sopa negra.
Ateneo exemplifica o declive de Esparta sinalando que os cociñeiros, afeitos a facer salsas refinadas, xa non eran quen de prepararen sopa negraAteneo de Naucratis, Deipnosofistas iv.136e, 141b, 143a; xii.517a..
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Czernina, sopa polaca feita con sangue de pato. Categoría:Gastronomía de Grecia Categoría:Grecia antiga