Tomás Jesús Iribarren Fernández-Rogina, nado en Pontevedra o 16 de setembro de 1955, é un político galego.

Traxectoria Licenciado en dereito, foi tenente de alcalde do concello de Pontevedra. A raíz das eleccións galegas de 1989 foi escollido deputado no Parlamento de Galicia, escano que revalidou nos seguintes comicios. En outubro de 1996 foi designado presidente da autoridade portuaria de Marín-Pontevedra, logo de que Mariano Rajoy fose nomeado ministro de Administracións Públicas. No Parlamento foi substituído por María del Carmen Bastos Rodríguez. Ocupou o cargo no porto marinés ata 2003.

Presidente da Fundación Internacional Iberoamericana de Administración e Políticas Públicas, foi designado director xeral de Madrid Plataforma Logística, unha asociación público-privada de promoción industrial e de infraestruturas na Comunidade de Madrid. En 2012 dimitiu deste posto e adscribiuse á oficina de avogados Herbert Smith Free HillsQué es Panel Cívico , web de Panel Cívico, consultada o 1 de abril de 2013..

Vida persoal É amigo persoal de Mariano Rajoy. É neto de Ramón Iribarren, enxeñeiro de portos vasco.

Notas

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Presidentes de autoridades portuarias de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1955 Categoría:Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes