Dólar de prata Christa McAuliffe "1 Dollar Christa McAuliffe". Numista.com"Christa McAuliffe Silver Dollar". United States Mint.180x180px180x180pxA/: Retrato de Christa McAuliffe. Marcas de deseñadora e gravadora (LJM e PM). Lenda: CHRISTA McAULIFFE / 2021 / LIBERTY / IN GOD WE TRUST R/: McAuliffe ensinando a tres alumnos. Sete estrelas. Logotipo de FIRST. Marcas de ceca (P), de deseñadora (ESD) e de gravador (JFM). Lenda: I TOUCH THE FUTURE / I TEACH / E PLURIBUS UNUM / ONE DOLLAR / UNITED STATES OF AMERICA Valor: 1 dólar. Deseñadoras: Laurie Musser (anv.) e Emily Damstra (rev.). Gravadores: Phebe Hemphill (anv.) e Joseph Menna (rev.). Datas de emisión: 2020. Ceca: US Mint: Ceca de Filadelfia ("P"). Tiraxe: 70.229 exemplares. Aliaxe: 90 % prata e 10 % cobre. Diámetro: 38,1 mm. Peso: 26,73 g. Espesor: 3,1 mm. Canto: estriado.

O dólar de prata Christa McAuliffe é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 2021 e cuñada pola Ceca de Filadelfia.

Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei Pública 116-65, do 9 de outubro de 2019,"Public Law 116-65 - OCT. 9, 2019". Govinfo.gov pola que se creaba unha moeda conmemorativa en recoñecemento da profesora de Estudos Sociais e astronauta Christa McAuliffe, a primeira participante no programa "Profesor no Espazo", da Administración Nacional de Aeronáutica e do Espazo, finada, xunto cos seus seis compañeiros, na explosión do transbordador espacial Challenger, o 28 de xaneiro de 1986.

Deseño A Casa da Moeda dos Estados Unidos convocou en 2020 un concurso para escoller o deseño da moeda conmemorativa, consonte as indicacións da lei que a autorizaba, e os deseños participantes foron presentados o 23 de xuño dese mesmo ano."CCAC Meeting Images for the 2021 Christa McAuliffe Commemorative Coin". United States Mint. 23 de xuño de 2020. Logo de producirse a escolla, o director da US Mint, David J. Ryder, fixo público o 18 de decembro de 2020 o deseño gañador."Designs Unveiled for the 2021 Christa McAuliffe Commemorative Silver Dollar". United States Mint. 18 de decembro de 2020.

O anverso da moeda, deseñado por Laurie Musser e gravado por Phebe Hemphill, está caracterizado por un retrato de Christa McAuliffe cara á esquerda, cunha ollada esperanzada, rodeada pola lenda CHRISTA McAULIFFE, así como a data da emisión e os lemas LIBERTY e IN GOD WE TRUST, habituais da moeda estadounidense. miniatura|229x229px|Christa McAuliffe en 1985. Pola súa banda, o reverso, deseñado por Emily Damstra e gravado por Joseph Menna, amosa unha escena de McAuliffe exercendo o seu labor docente con tres estudantes de educación secundaria que observan abraiados o que a súa profesora lles sinala no firmamento. As sete estrelas renden homenaxe ás persoas que perderon a vida no accidente do transbordador espacial Challenger. No campo tamén está presente o logotipo da organización FIRST (For Inspiration and Recognition of Science and Technology). Todo isto está rodeado pola lenda I TOUCH THE FUTURE / I TEACH, así como o lema E PLURIBUS UNUM e a mención ao valor facial da moeda e ao nome do país.

Produción e comercialización A lei que autorizou a emisión destas moedas conmemorativas prevía unha tiraxe máxima de 350.000 exemplares, aínda que finalmente só se cuñaron 16.038 moedas en versión estándar e 54.191 con acabamento especial proof."Historical Commemorative Coin Sales Figures: 2021 Christa McAuliffe Silver Dollar". United States Mint. A moeda produciuse na Casa da Moeda de Filadelfia en ambas as versións, e a poboación empezou a poder facer encargas por adiantado a partir do día 28 de xaneiro de 2021."United States Mint Announces Pre-Sales of 2021 Commemorative Coins". United States Mint. 28 de xaneiro de 2020.

Un 10 % dos beneficios acadados pola venda desta moeda vai destinado ao programa de robótica FIRST, co fin de atraer a xente nova cara á ciencia, a enxeñaría e as matemáticas (CTEM).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Christa McAuliffe Moeda dun dólar estadounidense Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos

Ligazóns externas

"2021 Christa McAuliffe Silver Dollar" (ModernCommemoratives.com)

Categoría:Moedas dun dólar estadounidense Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas conmemorativas dos Estados Unidos de América