Ramón Antonio Gil Rey, nado en Santiago de Compostela en 1818 e finado en Madrid en 1844, foi un debuxante, pintor e litógrafo galego.

Traxectoria Irmán de José María Gil Rey, Ramón Antonio trasladouse a Madrid en 1839 e ao ano seguinte ingresou na Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Foi pintor de historia e profesor de paisaxe no Liceo artístico e literario de Madrid. Introduciu a pintura arqueolóxica romántica na plástica galega. Concorreu cos seus traballos á varías exposicións anuais de belas artes, chamando a atención na de 1839 e na de 1840, nesta última cunha vista da Red de San Luis, que foi unanimemente eloxiada. Nese ano cedeu un dos seus traballos para a rifa que se fixo a beneficio do pintor Antonio María Esquivel, cego e doente daquela.

Colaborou no Semanario Instructivo (1838), o Semanario Pintoresco Español (1841), El Recreo Compostelano (1841) e La Aurora de Galicia (1845). Fixo retratos da aristocracia madrileña, entre eles Espartero e a raíña María Cristina.

Finou prematuramente en Madrid, aos 26 anos de idade.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

«Gil Rey (Ramón)». Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana XXVI. Barcelona: Hijos de J. Espasa, Editores. 1925. p. 39.

Outros artigos Arte de paisaxes José María Gil Rey (irmán) Ligazóns externas

Bibliografía en pintoresgallegos.com Frick Art Reference Library

Categoría:Pintores de Galicia do século XIX Categoría:Gravadores de España Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1818 Categoría:Finados en 1844 Categoría:Pintores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos