Mergus é un xénero de aves da orde das anseriformes e familia dos anátidos, o tipo da subfamilia dos merxinos, aínda que algúns autores considéranos como unha tribo, a dos Mergini, dentro da subfamilia dos anatinos (Anatinae).Peterson, A. P.: Zoonomen. Zoological Nomenclature - Anseriformes.
As súas especies coñécense en galego como mergos.mergo no Digalego.
Características Aínda que son patos mariños, a maioría dos mergos prefiren os hábitats fluviais, sendo común no mar só unha das especies.
Cualifícanse como "patos mergulladores" porque se mergullan completamente na procura de alimento. Aliméntase principalmente de peixes, e son mergulladores moi hábiles, que se mergullan con rapidez e chegan até 3 ou 4 m de profundidade con gran velocidade. Teñen polo tanto o corpo alongado, os pés moi anchos, o peteiro fino rematado en gancho e provisto de "dentes" aguzados nos bodos, que lles axudan a agarrar as súas presas, en lugar das láminas doutros patos.Pierre Darmangeat, dir. (2000): Oiseaux de mer et de rivage. Paris, Artémis. ISBN 2-8441-6041-7.
Poden permanecer en apnea durante un minuto ou máis.
Estes grandes comedores de peixe adoitan teren na súa plumaxe tons brancos e negros, marróns e/ou verdes, e a maioría teñen cristas.
Taxonomía Descrición O xénero Mergus foi creado en 1758 polo naturalista sueco Carl Linnaeus na décima edición do seu Systema Naturae.
Etimoloxía O nome do xénero é a palabra latina para unha ave acuática non identificada mencionada por Plinio o Vello e outros autores. Algunhas fontes identificárona como un corvo mariño ou a pardela cincenta.
Especies O xénero contén catro especies vivas e dúas especies recentemente extinguidas.
Imaxe Nome científico Distribución120px†Mergus australisNova Zelandia (extinto c. 1902)BirdLife International (2016): Mergus australis na UICN.120px Mergus merganser Europa, norte e centro de Asia e Norteamérica†Mergus milleneri Nova Zelandia (extinguido algún tempo despois do asentamento humano nas illas Chatham, que comezou c. 1500) 120px Mergus octosetaceus O Brasil e nalgúns lugares da Paraguai e a Arxentina120px Mergus serrator Norte de América do Norte, Groenlandia, Europa e Asia.120px Mergus squamatus Leste de Asia
Especie tipo A especie tipo é Mergus merganser, designada por Thomas Campbell Eyton en 1838.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Carboneras, Carles; del Hoyo, Josep; Elliot, Andrew & Sargatal, Jordi (1992): "Family Anatidae (Ducks, Geese and Swans)" en Handbook of the Birds of the World. Volume 1. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-410-5.
Outros artigos Anseriformes Anátidos Merxinos
Ligazóns externas merganser na Enciclopedia Británica.
Categoría:Anátidos