Scream Queens é unha serie de televisión estadounidense de comedia negra e satírica que se estreou en Fox dende o 22 de setembro de 2015 até o 20 de decembro de 2016. A serie foi creada por Ryan Murphy, Brad Falchuk e Ian Brennan, e foi producida por Murphy, Falchuk, Brennan e Alexis Martin Woodall, e por 20th Century Fox Television, Ryan Murphy Productions, Brad Falchuk Teley-vision e Prospect Films. A primeira tempada está protagonizada por Emma Roberts, Skyler Samuels, Lea Michele, Glen Powell, Diego Boneta, Abigail Breslin, Keke Palmer, Oliver Hudson, Nasim Pedrad, Billie Lourd e Jamie Lee Curtis, xunto con Niecy Nash, Ariana Grande e Nick Jonas nos papeis secundarios. A acción ten lugar na universidade ficticia de Wallace, e foi filmada na universidade de Tulane en Nova Orleáns, Luisiana. Conta a historia dunha irmandade, Kappa Kappa Tau (KKT), que é o obxectivo dun asasino en serie que usa como disfrace a mascota da universidade, un demo vermello.
Personaxes Introducidos na tempada 1 Emma Roberts como Chanel Oberlin Skyler Samuels como Grace Gardner (tempada 1) Lea Michele como Hester Ulrich/Chanel #6 Glen Powell como Chad Radwell (tempada 1; recorrente na tempada 2) Diego Boneta como Pete Martinez (tempada 1) Abigail Breslin como Libby Putney/Chanel #5 Keke Palmer como Zayday Williams Oliver Hudson como Weston "Wes" Gardner (tempada 1; convidado na tempada 2) Nasim Pedrad como Gigi Caldwell/Jess Meyer (tempada 1) Lucien Laviscount como Earl Grey (tempada 1) Billie Lourd como Sadie Swenson/Chanel #3 Jamie Lee Curtis como Dean/Dr. Cathy Munsch
Introducidos na tempada 2 Kirstie Alley como enfermeira Ingrid Hoffel Taylor Lautner como Dr. Cassidy Cascade James Earl III como Chamberlain Jackson John Stamos como Dr. Brock Holt
Notas
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2015 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2016 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América