Simple Minds é unha banda escocesa de rock band formada en Glasgow no ano 1977. O grupo editou unha serie de exitosos sinxelos, facéndose internacionalmente coñecido por "Don't You (Forget About Me)" (1985), que chegou ao número 1 da lista Billboard Hot 100 nos Estados Unidos. Outros sinxelos comercialmente exitosos foron "Glittering Prize" (1982), "Someone Somewhere in Summertime" (1982), "Waterfront" (1983) e "Alive and Kicking" (1985), así como o número 1 no Reino Unido "Belfast Child" (1989).

Simple Minds conseguiu cinco números 1 na lista británica de álbums, Sparkle in the Rain (1984), Once Upon a Time (1985), Live in the City of Light (1987), Street Fighting Years (1989) e Glittering Prize 81/92 (1992); vendendo máis de 60 millóns de álbums. Foi a banda escocesa máis exitosa dos anos 80. Simple Minds tamén tivo un éxito considerable nas listas dos Estados Unidos, Australia, Alemaña, España, Italia e Nova Zelandia. A pesar de varios cambios de persoal, o grupo continúa gravando e xirando.

En 2014 Simple Minds recibiu o premio Q Inspiration Award pola súa contribucións á industria musical e un Ivor Novello Award en 2016 á Mellor Colección de Cancións da Academia Británica de Compositores e Autores. Outros recoñecementos destacables inclúen nomeacións a dous MTV Video Music Award por "Don't You (Forget About Me)" en 1985, unha nomeación a un Brit Award en 1986 e unha ao American Music Award en 1987. "Belfast Child" foi nomeada a Canción do Ano nos Brit Awards de 1990.

O núcleo de Simple Minds está formado polos dous membros orixinais que quedan, Jim Kerr (voces) e Charlie Burchill (guitarra, teclados, saxofón e violín). Os outros membros actuais son Ged Grimes (baixo), Cherisse Osei (batería), Sarah Brown (coros), Gordy Goudie (guitarras e teclados) e Berenice Scott (teclados). Entre os seus ex-membros destacan Mick MacNeil (teclados), Derek Forbes (baixo), Brian McGee e Mel Gaynor (batería).

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloLife in a Day1979Zoom Records, PVCReal to Real Cacophony1979Zoom RecordsEmpires and Dance1980Zoom RecordsSons and Fascination1981Virgin RecordsSister Feelings Call1981Virgin RecordsNew Gold Dream (81–82–83–84)1982Virgin Records, A&M RecordsSparkle in the Rain1984Virgin Records, A&M RecordsOnce Upon a Time1985Virgin Records, A&M RecordsStreet Fighting Years1989Virgin Records, A&M RecordsReal Life1991Virgin Records, A&M RecordsGood News from the Next World1995Virgin RecordsNéapolis1998Chrysalis RecordsOur Secrets Are the Same2001Virgin RecordsNeon Lights2001Eagle RecordsCry2002Eagle RecordsBlack & White 0505052005Sanctuary RecordsGraffiti Soul2009Sanctuary RecordsBig Music2014Caroline InternationalAcoustic2016Caroline InternationalWalk Between Worlds2018BMG Rights ManagementDirection of the Heart2022BMG Rights Management

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais de Glasgow Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais de art rock Categoría:Grupos musicais de new wave Categoría:Grupos musicais de arena rock Categoría:Grupos musicais de synthpop Categoría:Grupos musicais formados en 1977