O Pereiro ou A Aldea de Arriba é un lugar da parroquia de Agra, no concello pontevedrés de Agolada, na comarca do Deza. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 15 habitantes (6 homes e 9 mulleres), o que supón unha diminución con respecto a 2021, cando tiña 18 habitantes.

Toponimia O topónimo O Pereiro podería ser un fitotopónimo referido ao pereiro (variedade de maceira que dá peros) ou podería proceder do latín referido a un lugar abundante en pedras. Pola súa banda, A Aldea de Arriba ten dous elementos: Aldea (termo de orixe árabe) designa un núcleo de poboación e Arriba refírese á súa localización, máis arriba ca A Aldea de Abaixo no val do río Ulla.

Lugares e parroquias Lugares de Agra

Parroquias de Agolada

Notas

Categoría:Lugares de Agolada