Sara Plaza Moreno, nado en Bustarviejo (comunidade de Madrid) en 1972, é unha escritora, tradutora e ilustradora española en lingua galega.
Traxectoria Entrou en contacto coa lingua galega a través de xornais dixitais, programas culturais da TVG e portais na rede. Participou nos cursos de verán de lingua e cultura galegas "Galego sen fronteiras", organizados polo Instituto da Lingua Galega da USC e a Real Academia Galega. En 2019 instalouse en Lugo e matriculouse na USC no Mestrado en Dirección de Actividades Educativas da Natureza. En 2020 gañou a XXXIII edición do premio de poesía Pérez Parallé coa obra Todos os pasos fan ruído.
Obras Todos os pasos fan ruído, Espiral Maior, 2021.A madrileña Sara Plaza presenta o poemario en galego 'Todos os pasos fan ruído'
Premios
2020: Gañadora da XXXIII edición do premio de poesía Pérez Parallé coa obra Todos os pasos fan ruído. 2026: Premio de Poesía Concello de Carral con Baldo Ramos, por Porcelana e chumbo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sara Plaza, a forza que vén de lonxe
Categoría:Escritores da Comunidade de Madrid
Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Nados na Comunidade de Madrid Categoría:Nados en 1972 Categoría:Personalidades sen imaxes