O castiñeiro de Pumbariños é un castiñeiro senlleiro da especie Castanea sativa Mill. Forma parte do Souto de Rozavales. No ano 2000 foi incluído no catálogo de árbores senlleiras. Está dentro da ruta turística ruta Ourense Oriental da Xunta de Galicia.
Características miniatura|Vista do Castiñeiro de Pumbariños no Souto de Rozavales. Está situado no lugar do Souto de Rozavales, na parroquia de San Martiño de Manzaneda, en Manzaneda. Ten un perímetro medio de 12,15 m (entre 13 e 15 en función da altura do toro) e podería ter arredor de 500 anos, polo que sería a árbore galega coñecida máis vella. É un exemplar enxertado, como a maioría no Souto de Rozavales, polo que durante séculos foi aproveitado para a recollida das súas castañas. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Manzaneda Categoría:Árbores senlleiras de Galicia