Tango e Cash (en ) é un filme estadounidense de 1989 dirixido por Andrei Konchalovsky. Está protagonizado por Sylvester Stallone, Kurt Russell, Jack Palance e Teri Hatcher. Stallone e Russell interpretan a Raymond Tango e Gabriel Cash, respectivamente, dous detectives de narcóticos rivais do Departamento de Policía dos Ánxeles, que se ven obrigados a traballar xuntos despois de que o cerebro criminal Yves Perret (Palance) os incrimina a ambos por asasinato.
O filme estreouse a través de Warner Bros. nos cinemas dos Estados Unidos o 22 de decembro de 1989, o mesmo día que Always, para sempre. Ámbolos dous filmes foron os últimos estreados na década de 1980. O filme recibiu valoracións mixtas da crítica.
Personaxes
Sylvester Stallone como Tenente Raymond "Ray" Tango Kurt Russell como Tenente Gabriel "Gabe" Cash Jack Palance como Yves Perret Teri Hatcher como Katherine "Kiki" Tango Michael J. Pollard como Owen Brion James como Requin James Hong como Quan Robert Z'Dar como "Face" Marc Alaimo como Lopez Roy Brocksmith como Axente do FBI Davis Phil Rubenstein como Matt Sokowski Lewis Arquette como Axente do FBI Wyler Clint Howard como "Slinky" Michael Jeter como Skinner Geoffrey Lewis como Capitán Schroeder Edward Bunker como Capitán Holmes Xander Allan como Cucky (Coward) Snake Dog
Notas
Categoría:Filmes de 1989 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Andrei Konchalovsky Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes ambientados nos Ánxeles Categoría:Filmes sobre drogas Categoría:Filmes de 1989 con versión en galego