Paula Arcos Poveda, nada en Petrer o 21 de decembro de 2001, é unha xogadora de balonmán española, que xoga como lateral dereito no Bera Bera. É internacional coa selección española.
Traxectoria Comezou a xogar ao balonmán no club da súa localidade natal, Petrer, onde axiña comezou a destacar. Durante a disputa dun torneo chamou a atención do director deportivo do BM Elche, club ao que se incorporou para xogar no equipo xuvenil. Proclamouse dúas veces campioa de España xuvenil e con 16 anos debutou co primeiro equipo na División de Honra.
En xullo de 2018 fichou polo Atlético Guardés, tamén da máxima categoría. Militou durante catro anos no club galego, co que acadou un subcampionato de liga e outro da Copa da Raíña. En xuño de 2022 deixou Galicia e trasladouse ao País Vasco, onde asinou contrato co Bera Bera.
Selección española Debutou coa selección española en 2020 e despois de só uns poucos partidos amigables, foi convocada para os Xogos Olímpicos de 2020, que se disputaron en Tokyo en 2021, e onde España non conseguiu pasar da primeira fase. Uns meses despois disputou o Campionato Mundial, acadando as semifinais, nas que o seu equipo caeu ante Noruega.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos da xogadora no sitio web do Comité Olímpico Internacional .
Categoría:Nados na provincia de Alacant Categoría:Nados en 2001 Categoría:Xogadores de balonmán olímpicos de España Categoría:Xogadores de balonmán nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Xogadores do Atlético Guardés