O dragón de papá (en ) é un filme irlandés-estadounidense de 2022 dirixido por Nora Twomey. O guión é obra de Meg LeFauve, quen escribiu a historia xunto con John Morgan. Baséase no libro infantil de 1948 My Father's Dragon de Ruth Stiles Gannett.
Coproducido por Netflix Animation, Cartoon Saloon, Mockingbird Pictures e Parallel Films, o filme tiña prevista a súa data de estrea en 2021 a través da plataforma de Netflix, mais foi adiada até o 11 de novembro de 2022. Conta cunha versión dobrada ao galego.
Personaxes
Jacob Tremblay como Elmer Elevator Gaten Matarazzo como Boris o dragón Whoopi Goldberg como o gato Ian McShane como Saiwa o gorila Golshifteh Farahani como Dela Elevator, a nai de Elmer Dianne Wiest como Iris a rinoceronte Rita Moreno como Mrs. McClaren Chris O'Dowd como Kwan o macaco Judy Greer como Soda a balea Alan Cumming como Cornelius o crocodilo Yara Shahidi como Callie Jackie Earle Haley como Tamir Mary Kay Place como a narradora Leighton Meester como Sasha a tigresa Spence Moore II como George o tigre Adam Brody como Bob Charlyne Yi como Magda Maggie Lincoln como Gertie Jack S.A. Smith como Eugene
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Irlanda Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Netflix Categoría:Filmes sobre dragóns Categoría:Filmes de 2022 con versión en galego