Dejounte Dashaun Murray, nado o 19 de setembro de 1996 en Seattle, Washington, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Atlanta Hawks da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional O 23 de xuño de 2016, Murray foi escollido na 29ª posición do Draft da NBA de 2016 polos San Antonio Spurs. O 14 de xullo de 2016, asinou o seu contrato de rookie cos Spurs. Debutou na NBA o 29 de outubro de 2016, na vitoria dos Spurs por 98–79 contra os New Orleans Pelicans.
O 30 de xuño de 2022, Murray foi traspasado xunto a Jock Landale ós Atlanta Hawks, a cambio de Danilo Gallinari e varias eleccións da primeira rolda do Draft. O 19 de outubro de 2022, debutou cos Hawks facendo 20 puntos, 11 asistencias, 5 rebotes e 5 roubos de balón na vitoria por 117–107 contra os Houston Rockets.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference
Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Seattle, Washington Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks