Melanitta é un xénero de aves da orde das anseriformes e familia dos anátidos e subfamilia dos merxinos.

A súa especie tipo é Anas fusca (Hoxe Melanitta fusca) Linnaeus, 1758

Características Os machos teñen na súa maioría a plumaxe negra, e as femias parda. Reprodúcense no extremo norte de Europa, Asia e América do Norte, e invernan máis ao sur, nas zonas temperadas destes continentes. Forman grandes bandadas en augas costeiras. Forman grupos de moitos individuos, que adoitan voaren xuntos. Seus niños constrúenoa no solo cerca do mar, lagos ou ríos, en bosques o na tundra. Son patos mergulladores que se alimantan de crustáceos e moluscos.

Taxonomía Descrición O xénero Melanitta foi creado polo zoólogo alemán Friedrich Boie en 1822,Melanitta F.Boie, 1822 no GBIF. Consultado o 13 de novembro de 2022.Melanitta F.Boie, 1822 na BioLib. Consultada o 13 de novembro de 2022. na páxina 980 do seu traballo: Boie, Friedrich (1822): Tagebuch gehalten auf einer Reise durch Norwegen im Jahre 1817. Schleswig: Königl Taubstummen - Institut. pp. 308, 351.

A especie tipo foi designada en 1838 como Melanitta fusca polo naturalista inglés especializado en aves e peixes Thomas Campbell Eyton.Eyton, Thomas Campbell (1838): A Monograph on the Anatidae, or Duck Tribe. Londres: Longman, Orme, Brown, Green, & Longman. p. 52.

Etimoloxía O nome do xénerto, Melanitta, deriva das voces do grego antigo μέλας mélas, "negro", e νἠττα nēttα, "pato".Jobling, James A (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, p. 246.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos: Melanetta Gray, 1840 Melanilta Bonaparte, 1828 Melanonetta Sundevall, 1873 Oedemia Fleming, 1822

Especies Actualmente no xénero recoñécense as seguintes seis especies:Gill, Frank; Donsker, David & Rasmussen, Pamela, eds. (2021): "Screamers, ducks, geese & swans". IOC World Bird List Versión 11.2. International Ornithologists' Union.

Imaxe Nome científico Nome común en galego Distribución120px Melanitta americana — — — — — — — Norte de América do Norte de Labrador e Terra Nova ao sueste da baía de Hudson.120px Melanitta nigra Pentumeiro Norte de Europa e leste de Asia até o río Olenyok. 120px Melanitta fusca Pentumeiro de á branca Leste de Turquía, Europa e nos mares Negro e Caspio.120px Melanitta deglandi — — — — — — — Norteamérica.120px Melanitta stejnegeri — — — — — — — Norte de Asia ao leste da conca do río Ienisei.120px Melanitta perspicillata Pentumeiro careto América do Norte, principalmente no norte do Canadá e Alasca O fósil Melanitta ceruttii Chandler, 1990, que viviu en California durante o Plioceno tardío,R. M. Chandler. (1990): "Fossil birds of the San Diego Formation, Late Pliocene, Blancan, San Diego County, California". Ornithological Monographs 44: 73-161. está agora situado no xénero Histrionicus.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Carboneras, Carles; del Hoyo, Josep; Elliot, Andrew & Sargatal, Jordi (1992): "Family Anatidae (Ducks, Geese and Swans)" en Handbook of the Birds of the World. Volume 1. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-410-5.

Outros artigos Anseriformes Anátidos Merxinos

Ligazóns externas scoter (genus Melanitta) na Enciclopedia Británica.

Categoría:Anátidos