Na enxeñaría de software noméase dominio a área temática dun programa informático"Dominio: esfera de coñecemento, influencia ou actividade. A área temática na que o usuario aplica un programa é o dominio do software." (
Características
Formalmente, representa o obxecto dun proxecto de programación específico, xa sexa definido de maneira estrita ou ampla. Por exemplo, un proxecto de programación concreto podería ter como obxectivo a creación dun programa para un hospital concreto, e ese hospital sería o dominio. Ou o proxecto podería ter un alcance máis amplo para incluír tódolos hospitais como o seu dominio. Nun deseño de programación informática, definese un dominio delineando un conxunto de requisitos comúns, terminoloxía e funcionalidade para calquera programa de software construído para resolver un problema na área da programación informática, coñecido como enxeñaría de dominio. A palabra dominio tamén se toma como sinónimo de dominio de aplicación. No ámbito da enxeñaría de software, o dominio refírese comunmente a área temática sobra a que se pretende aplicar a aplicación. Noutras palabras, durante o desenvolvemento da aplicación, o dominio é a " esfera de coñecemento e actividade en torno a cal xira a lóxica dda aplicación." —Andrew Powell-Morse
Notas
Categoría:Enxeñaría de software