O prodixio (en ) é un filme de 2022 dirixido por Sebastián Lelio a partir dun guión de Emma Donoghue, Lelio, e Alice Birch. Baséase na novela homónima de 2016 escrita pola propia Donoghue. Está protagonizado por Florence Pugh, xunto con Tom Burke, Elaine Cassidy, Kíla Lord Cassidy, Niamh Algar, Toby Jones e Ciarán Hinds.
Estreouse internacionalmente no Festival de Cinema Telluride o 2 de setembro de 2022, e en cinemas escollidos dos Estados Unidos o 2 de novembro de 2022, antes de estrearse en Netflix o 16 de novembro de 2022, onde conta cunha versión subtitulada en galego. Recibiu valoracións positivas por parte da crítica, en especial o deseño de produción e as interpretacións do elenco, salientando a de Pugh.
Sinopse Unha enfermeira inglesa, Elizabeth "Lib" Wright, é enviada a unha aldea rural en Irlanda de 1862, onde ten a tarefa de observar unha nena que leva meses sen comer.
Personaxes Florence Pugh como Elizabeth "Lib" Wright Tom Burke como William Byrne Kíla Lord Cassidy como Anna O'Donnell Elaine Cassidy como Rosaleen O'Donnell Caolán Byrne como Malachy O' Donnell Niamh Algar como Kitty Toby Jones como Dr. McBrearty Ciarán Hinds como Padre Thaddeus Dermot Crowley como Sir Otway Brían F. O'Byrne como John Flynn David Wilmot como Seán Ryan Josie Walker como irmá Ryan Debbie McGee como asistente do mago
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Irlanda Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Sebastián Lelio Categoría:Filmes ambientados en 1862 Categoría:Filmes ambientados en Irlanda Categoría:Filmes de 2022 con versión en galego