Westworld é unha serie de televisión estadounidense creada por Jonathan Nolan e Lisa Joy para HBO. Baséase filme homónimo de 1973 escrito e dirixido por Michael Crichton, e, en menor medida, na súa secuela de 1976, Mundo futuro. A serie estreouse o 2 de outubro de 2016.
A serie comeza en Westworld, un parque temático monumental, tecnoloxicamente avanzado e ambientado no oeste. Westworld está poboado por anfitrións androides, e o obxectivo do parque é atender aos hóspedes que poden satisfacer as súas fantasías máis salvaxes sen medo a represalias dos anfitrións, aos que a súa programación impide que prexudiquen aos humanos. Máis tarde, a ambientación da serie expándese ao mundo real, a mediados do século XXI, onde a vida das persoas está dirixida e controlada por unha poderosa intelixencia artificial chamada Rehoboam.
Notas
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2016 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2022 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión de HBO Max