Luis Antonio Gómez Piña, nado en Lisboa o 7 de setembro de 1969, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Política municipal Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE na Caniza e foi elixido concelleiro na oposición. Nos seguintes comicios foi mellorando progresivamente os seus resultados, pasando de 1 concelleiro a 2 en 1995 e 1999, 4 en 2003, 5 en 2007 e 2011 e 6 en 2015 e 2019. Nesta última convocatoria electoral o PPdeG perdeu a maioría absoluta, polo que foi elixido alcalde grazas a un pacto co único concelleiro de Ciudadanos. Nas eleccións municipais de 2023 revalidou a alcaldía con maioría absoluta ó lograr 7 concelleiros.

Política nacional e autonómica Foi deputado no Congreso dos Deputados dende o 28 de abril de 2009 en substitución de Antón LouroLa Voz de Galicia, Vigo, «É un orgullo ser o primeiro da comarca en estar no Congreso», 24-5-2009, p. L12], permanecendo no cargo ata o final da lexislatura en 2011. Trala finalización do seu mandato como parlamentario estatal, accedeu a un escano no Parlamento de Galicia en substitución de Guillermo Meijón a finais de 2011, permanecendo ata o final de dita lexislatura en 2012.

Foi Secretario de Organización do PSdeG-PSOE na provincia de Pontevedra a partir de outubro de 2009, ata a súa renuncia en xaneiro de 2012. Dende xaneiro de 2018 volveu ocupar dito cargo, no cal se mantivo tralo congreso de febreiro de 2022 e maio de 2025. Trala renuncia de Paula Fernández, volveu ser deputado no Congreso dende febreiro de 2025.La alcaldesa de Silleda deja su escaño en el Congreso de los Diputados

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais na Caniza Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes da Caniza Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Nados en 1969 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes