O Bacharelato é un título ou unha etapa educativa moi diferente en distintos países e épocas.

No sistema educativo español actual, que foi deseñado na LOXSE, o bacharelato é a derradeira etapa do ensino secundario. Ten carácter voluntario e unha duración de dous cursos, que se cursan normalmente entre os 16 e os 18 anos.

Pode ser: Ciencias Humanidades e ciencias sociais Arte Xeral Os estudos desta etapa perseguen os seguintes obxectivos: Formación xeral, que favoreza unha maior madurez intelectual e persoal, así como unha maior capacidade para adquirir unha ampla gama de saberes e habilidades. Preparatoria, que asegure as bases para estudos posteriores, tanto universitarios como de formación profesional. Orientadora, que lles permita aos alumnos canalizar as súas preferencias e intereses.

As materias que se imparten son máis especializadas que no ensino secundario obrigatorio.

Ao finalizar o bacharelato o alumnado pode presentarse a un exame de acceso á universidade, o cal consiste nunhas probas escritas relacionadas coas materias cursadas, ou ben acceder a ciclos formativos de grao superior.

Historia

Materias do primeiro curso Materias troncais Lingua Castelá e Literatura Lingua Estranxeira (Normalmente Inglés) Filosofía Lingua cooficial (galego, catalán ou éuscaro). Matemáticas (Ciencias) Matemáticas orientadas ás CC. SS. (Ciencias, Ciencias Sociais) Latín (Humanidades) Fundamentos de Arte (Arte)

Materias de opción de Ciencias (elección de dúas) Debuxo Técnico Bioloxía e Xeoloxía Física e química

Materias de opción de Humanidades e Ciencias Sociais (elección de dúas) Grego Economía Literatura Universal Historia do mundo contemporáneo

Materias de opción de Arte (elección de dúas) Literatura Universal Historia do mundo contemporáneo Cultura audiovisual Materias específicas Educación Física Un mínimo de 2 e un máximo de 3 das seguintes: Análise Musical I Segunda Lingua Estranxeira I Anatomía Aplicada Tecnoloxía Industrial I Cultura Científica Tecnoloxías da Información e a Comunicación I Debuxo Artístico I Volume Linguaxe e Práctica Musical Relixión Unha materia do bloque de materias troncais ou específicas

Materias do segundo curso

Materias troncais Lingua Castelá e Literatura Lingua Estranxeira (Normalmente Inglés) Historia de España Lingua cooficial (galego, catalán ou éuscaro). Matemáticas (Ciencias) Matemáticas orientadas ás CC. SS. (Ciencias, Ciencias Sociais) Latín (Humanidades) Fundamentos de Arte (Arte)

Materias de opción de Ciencias (elección de dúas) Bioloxía Debuxo Técnico II Xeología Física Química

Materias de opción de Humanidades e Ciencias Sociais (elección de dúas) Economía da Empresa Grego II Historia da Arte Historia da Filosofía Xeografía

Materias de opción de Arte (elección de dúas) Cultura Audiovisual II Artes Escénicas Deseño

Materias específicas Un mínimo de 2 e un máximo de 3 das seguintes: Análise Musical II Ciencias da Terra e do Medioambiente Debuxo Artístico II Debuxo Técnico II (agás se xa é cursada) Fundamentos de Administración e Xestión Relixión Historia da Música e da Danza Imaxe e Son Psicoloxía Métodos estadísticos e numéricos Técnicas de Expresión Gráfico-plástica Segunda Lingua Estranxeira II Tecnoloxía Industrial II Tecnoloxías da Información e a Comunicación II Historia da Filosofía Unha materia do bloque de materias troncais non cursada.

Categoría:Ensino secundario