O Trofeo Katja Riipi (en finés Katja Riipi -palkinto) é un galardón individual entregado anualmente pola Federación de Hóckey sobre Xeo de Finlandia. O premio foi outorgado por primeira vez na tempada 2005-06, e recoñece á mellor atacante da Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia. O trofeo recibe o seu nome en honor da ex xogadora da selección finlandesa Katja Riipi (de solteira Nieminen).

Saara Tuominen foi a primeira galardoada, mentres que con catro trofeos conseguidos, Linda Välimäki e Elisa Holopainen son as xogadoras que máis veces foron consideradas a mellor atacante da liga.

Gañadoras miniatura|Saara Tuominen foi a primeira xogadora en conseguir o galardón. miniatura|Karoliina Rantamäki, mellor atacante en 2007. miniatura|Con cinco trofeos, todos eles conquistados de xeito consecutivo, Elisa Holopainen é a xogadora xunto con Linda Välimäki que gañou máis veces o premio. Tempada Equipo Xogadora Nacionalidade Ref.2005–06IlvesSaara Tuominen 2006-07BluesKaroliina Rantamäki 2007-08KärpätEini Lehtinen 2008-09BluesMichelle Karvinen/ 2009-10IlvesLinda Välimäki2010–11KärpätAnne Helin2011–12KärpätNina Tikkinen2012–13KärpätAnne Helin2013–14BluesLinda Välimäki2014–15BluesLinda Välimäki2015–16JYPTanja Niskanen2016–17BluesLinda Välimäki2017–18Team KuortanePetra Nieminen2018–19KalPaElisa Holopainen2019–20KalPaElisa Holopainen2020–21KalPaElisa Holopainen 2021–22K-EspooElisa Holopainen 2022–23KalPaElisa Holopainen 2023-24KalPaElisa Holopainen

Galardón por xogadora XogadoraNº de trofeosAnos galardoadaElisa Holopainen62019, 2020, 2021, 2022, 2023, 2024Linda Välimäki42010, 2014, 2015, 2017Anne Helin22011, 2013Michelle Karvinen12009Eini Lehtinen12008Petra Nieminen12018Tanja Niskanen12016Karoliina Rantamäki12007Nina Tikkinen12012Saara Tuominen12006

Gañadoras por equipo EquipoNº de xogadorasTotal trofeosBlues46Kärpät34KalPa15Ilves22JYP11Team Kuortane11

Notas

Véxase tamén Outros artigos Trofeos da Naisten Liiga

Categoría:Trofeos da Naisten Liiga