Xosé Ramón Pena Sánchez, nado en Betanzos o 27 de setembro de 1956, é un profesor e escritor en lingua galega.

Traxectoria Pasou a infancia e mocidade na Coruña. Licenciado en filoloxía hispánica e galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, pola que é doutor en Filoloxía. Foi membro do colectivo Alén. Profesor na Universidade de Vigo e mais na de California (Santa Barbara), traballou como catedrático de lingua e literatura galega no IES Santa Irene de Vigo ata a súa xubilación. Tamén impartiu aulas na UNED.

O seu labor ocupou os espazos da investigación na historia da literatura galega, na narrativa e no xornalismo. Dentro do primeiro deles, especializouse nos campos da literatura medieval e das vangardas galegas, estudando e editando a obra de Ramón Cabanillas, Luís Amado Carballo ou Manuel Antonio. É autor de títulos como Manuel Antonio e a vangarda, Xograres do mar de Vigo, Historia da literatura medieval galego-portuguesa, Historia da Literatura Galega (da que se levan publicado 4 volumes) ou -con Manuel Forcadela- Estudos sobre Os Eoas de Eduardo Pondal. Así mesmo levou a cabo o estudo e edición de Na noite estrelecida, Da terra asoballada, A esmorga e No desterro. Con Xosé María Dobarro realizou a edición da Poesía galega completa (2009) de Ramón Cabanillas.

Gañou o Premio Xerais (1987), o Premio Antón Losada Diéguez (1988 e 2017), o Premio Fervenzas Literarias (2015) e o Premio da Crítica Galicia (Investigación, 2015). Colaborou en xornais e revistas, e mantivo unha columna semanal no xornal Faro de Vigo no cal dirixiu, ademais durante décadas, o suplemento cultural semanal "Faro da Cultura". Foi director da colección Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais de Galicia.

Obra Narrativa miniatura|Presentación de En tempo de desconto no Club Faro de Vigo, abril 2022, con Moncha Fuentes. O reverso do espello (1984). Edicións Xerais de Galicia. Despois incluído na Biblioteca de Autores Galegos de Diario 16 de Galicia. Para despois do adeus (1987). Xerais. 200 páxs. ISBN 978-84-7507-297-5. Para después del adiós (1993). Madríd: Ed. Libertarias-Prodhufi. Tradución de Carmen Pallares. 160 páxs. ISBN 9788479541439. Paixóns privadas (1991). Xerais. 208 páxs. ISBN 9788475075402. A era de Acuario (1997). Xerais. 160 páxs. ISBN 9788483021750. Fado de princesa (2005). Galaxia. 228 páxs. ISBN 978-84-8288-776-0. A batalla do paraíso triste (2008). Xerais. 264 páxs. ISBN 978-8497829229. . La batalla del paraíso triste (2017). Pulp Books. ISBN 9788415992158. A batalha do paraíso triste (2022). Edições Afrontamento – Teodolito. Tradución de Tiago Alves Costa. Como en Alxeria (2012). Xerais. 232 páxs. ISBN 978-84-9914-435-1. Como en Argelia (2015). Books. ISBN 9788415992097. Todas as vidas (2020). Xerais. 384 páxs. ISBN 978-84-9121-705-3. ePub: ISBN 978-84-9121-708-4. Relatos. Todas las vidas (2022). Madrid: De Conatus. Tradución de Moisés Barcia. ISBN 978-84-17375-74-4. En tempo de desconto (2022). Vigo: Galaxia. 232 páxs. ISBN 978-84-9151-831-0. Relatos longos. A boca de Krishna (2026). Allariz: Aira Ed. 192 páxs. ISBN 979-13-991795-1-4.

Ensaio miniatura|Aser Álvarez, Anxo Angueira e Xosé Ramón Pena presentando no Club Faro de Vigo a Enciclopedia ilustrada do Ferrín Arraiano o 15 de novembro de 2024A poesía de Manuel António nas literaturas galegas de vanguarda (1979). La Voz de Galicia. Literatura galega medieval (1986). Sotelo Blanco. Manual e antoloxía da literatura galega medieval (1992). Sotelo Blanco. 217 páxs. Manuel Antonio e a vangarda (1996). Sotelo Blanco. ISBN 84-7824-277-5. Xograres do mar de Vigo (1998). Xerais. 128 páxs. ISBN 978-8483022290. Historia da literatura medieval galego-portuguesa (2002). Sotelo Blanco. 340 páxs. ISBN 9788478243990. Historia da literatura galega I. Das orixes a 1853 (2013). Xerais. 440 páxs. ISBN 978-84-9914-551-8. Historia da literatura galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento (2014). 440 páxs. ISBN 978-84-9914-764-2. Historia da literatura galega III. De 1916 a 1936. A xeira das Irmandades (2016). Xerais. 520 páxs. ISBN 978-84-9121-107-5. Historia da literatura galega IV. De 1936 a 1975. A "longa noite" (2019). Xerais. 544 páxs. ISBN 978-84-9121-481-6. Martín Codax e os xograres do mar de Vigo (2017). Xerais. 152 páxs. ISBN 978-8491212904.

Edicións Poesía, de Luís Amado Carballo (1982). Nós. Na noite estrelecida, de Ramón Cabanillas (1988). Xerais. 2026, Galaxia, ISBN 978-84-1176-575-6. Da terra asoballada, de Ramón Cabanillas (1994). Xerais Martín Codax: cantor do mar de Vigo, de Xosé María Álvarez Blázquez (1998). Xerais. A esmorga, de Eduardo Blanco Amor (2001). Galaxia. Sempre en Galiza: antoloxía, de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (2001). Galaxia. No desterro, de Ramón Cabanillas (2010). Xerais. Obra poética, de Florencio Delgado Gurriarán (2022). Xerais. Os Eoas, de Eduardo Pondal (2024). Galaxia.

Obras colectivas Alén (1977, Follas Novas). Con Miguel Anxo Mato Fondo e Francisco Salinas Portugal. De catro a catro, Viladomar e outor poemas. de Manuel Antonio (1979, Follas Novas). Coeditor con Anxo González Guerra. Língua, gramática métodica da Língua Galega (1980, Edicións do Rueiro). Escolma de poesía galega (1976-1984) (1984, Sotelo Blanco). O relato breve. Escolma dunha década (1980-1990) (1990, Galaxia). Manual do galego urxente (1987, Xerais). Edición actualizada en 2006. Exercicios de galego urxente (1994, 1995, Xerais). Xesús Ferro Couselo: a cultura dos devanceiros (1996, Xerais). Narradio: 56 historias no ar (2003, Xerais). Galego século XXI (2004). Estudos sobre Os Eoas de Eduardo Pondal (2005, Sotelo Blanco/Real Academia Galega). Con Manuel Forcadela. Poesía galega completa, de Ramón Cabanillas (2009, Xerais). Coeditor con Xosé María Dobarro. Arredor das Irmandades da Fala (2016, Xerais). O libro do fútbol (2023). Vigo: Literaria, Galaxia.

Premios Premio Xerais no 1987, por Para despois do adeus. Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 1988, por Para despois do adeus. Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de ensaio/investigación de 2014, por Historia da Literatura Galega II. Premio da Crítica Galicia de Investigación no 2015 por Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento. Premio Antón Losada Diéguez de investigación no 2017, por Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936. Premio Ramón Cabanillas do concello de Cambados no 2017 polas súas investigacións sobre o escritor.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Artigo "PENA SÁNCHEZ, Xosé Ramón" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Ligazóns externas Secuencias organizativas no ciclo do mar de Vigo , relatorio de Xosé Ramón Pena para A lingua das cantigas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Gañadores do Premio Xerais Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Nados en 1956 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Faro de Vigo Categoría:Profesores de educación secundaria