Renaissance é unha banda inglesa de rock progresivo coñecida polo seu éxito de 1978 "Northern Lights", que entrou no top 10 británico, e por clásicos do rock progresivo como "Carpet of the Sun", "Mother Russia" e "Ashes Are Burning". O grupo desenvolveu un son único, combinando unha voz principal feminina coa fusión de influencias da música clásica, folk, rock e jazz. Os elementos característicos do son de Renaissance son o amplo rango vocal de Annie Haslam, destacados acompañamentos de piano, arranxos orquestrais, harmonías vocais, guitarra acústica, baixo, sintetizadores, e un traballo de batería versátil. A banda creou un significativo culto no noroeste dos Estados Unidos nos anos 70, e esa rexión segue sendo a súa maior base de fans.
A formación orixinal incluía a dous antigos membros de The Yardbirds, Keith Relf e Jim McCarty, xunto con John Hawken, Louis Cennamo e a irmá de Relf, Jane Relf. Tiñan a intención de poñer "algo xunto cunha influencia máis clásica". Renaissance fundouse en 1969 e ese mesmo ano a banda lanzou o seu primeiro álbum, chegando o segundo en 1971. Despois, John Tout substituíu a Hawken nos teclados, seguido por un período de alta rotación de músicos ata que se estableceu a "formación clásica" composta por Annie Haslam, John Tout, Michael Dunford, Jon Camp, e Terry Sulliva, aínda que ningún deles estaba na formación orixinal. Foron axudados nas letras de moitas cancións pola poetisa de Cornualla Betty Thatcher-Newsinger. De 1972 a 1979 Renaissance editou sete exitosos álbums de estudio, xirou extensamente, e encheu tres noites seguidas o Carnegie Hall con Tony Cox dirixindo a New York Philharmonic.
Os anos 80 foron unha época de escaseza para a banda, con cambios de persoal, e dous álbums de estudio pouco exitosos, facendo que Renaissance se separase en 1987. A mediados dos 90 existiron dúas ramificacións do grupo ao mesmo tempo. A banda reformouse en 1998 para gravar Tuscany, que finalmente foi lanzado en 2001; porén, separouse novamente no ano seguinte.
En 2009 anunciouse unha nova formación de Renaissance, liderada por Haslam e Dunford, e dende entón a banda continuou gravando e xirando. Dunford morreu en novembro de 2012. Despois, Haslam dixo que o grupo seguiría tocando. A formación durante a década de 2010 tendeu a ser non tan "inglesa" como a dos períodos anteriores, con cinco membros nacidos nos Estados Unidos e un en Inglaterra pero residente no país norteamericano.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloRenaissance1969Island Records/Elektra RecordsIllusion1970Island RecordsPrologue1972Sovereign/Capitol RecordsAshes Are Burning1973Sovereign/Capitol RecordsTurn of the Cards1974BTM, Sire Records, RCA RecordsScheherazade and Other Stories1975BTM, Sire RecordsNovella1977Warner Bros. Records/Sire RecordsA Song for All Seasons1978Warner Bros. Records/Sire RecordsAzure d'Or1979Warner Bros. Records/Sire RecordsCamera Camera1981Illegal Records/I.R.S. RecordsTime-Line1983Illegal Records/I.R.S. RecordsTuscany2000Giant Electric PeaGrandine il vento2013Symphonic Rock Recordings
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais de rock progresivo Categoría:Grupos musicais formados en 1969