Richard Purdy Wilbur, nado en Nova York o 1 de marzo de 1921 e finado en Belmont (Massachusetts) o 14 de outubro de 2017, foi un poeta e tradutor literario estadounidense.
Traxectoria Estudou no Amherst College e na Universidade Harvard. En 1987 converteuse no segundo Poeta Laureado Consultor en Poesía da Biblioteca do Congreso (Poet Laureate Consultant in Poetry to the Library of Congress). Recibiu dúas veces o premio Pulitzer de poesía; en 1957 e outra vez en 1989. Morreu aos 96 anos nunha residencia de anciáns.
Vida pesoal
Estivo casado con Mary Charlotte Hayes Ward até a súa morte en 2007. Tiveron catro fillos. Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Poetas dos Estados Unidos de América Categoría:Finados en 2017 Categoría:Nados en 1921 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Gañadores do Premio Pulitzer