miniatura|300x300px|Conxunto de moedas circulantes do sistema do dólar estadounidense. As moedas do dólar estadounidense son as moedas cuñadas para a súa circulación nese país norteamericano, baixo o sistema monetario do dólar estadounidense.
A Casa da Moeda dos Estados Unidos foi sempre a responsable da súa produción e o Departamento do Tesouro da súa emisión, xa desde finais do século XVIII, cando a Lei da Moeda de 1792 estableceu o primeiro sistema monetario dos Estados Unidos, logo da súa declaración de independencia.
Ao longo da historia, os valores faciais das moedas do sistema do dólar estadounidense foron ½ centavo, 1 centavo, 2 centavos, 3 centavos, 5 centavos (half dime e nickel), 10 centavos (dime), 25 centavos (¼ dólar), 50 centavos (½ dólar), 1 dólar, 2½ dólares (¼ aguia), 3 dólares, 5 dólares (½ aguia), 10 dólares (aguia) e 20 dólares (dobre aguia).
As cecas sucursais da Casa da Moeda dos Estados Unidos onde se cuñaron as moedas do dólar estadounidense foron as de Charlotte (marca de ceca C), Carson City (CC), Dahlonega (D), Denver (D), Nova Orleáns (O), Filadelfia (sen marca ou P), San Francisco (S) e West Point (W).
Moedas en circulación No século XXI, as moedas en circulación son as de 1, 5 e 10 centavos, un cuarto de dólar, medio dólar e un dólar. Das catro cecas que se manteñen operativas, a de Filadelfia e a de Denver son as que producen a gran maioría destas moedas para a circulación, e a de San Francisco fíxoo ata a década de 1970. Todas elas e mais a de West Point cuñan tamén, a maiores das moedas para a circulación, series conmemorativas non circulantes, emisións en versión proof para coleccionistas e moedas de investimento."Coin and Medal Programs". United States Mint."Tours and Facilities ". United States Mint.
Serie histórica completa
½ centavo
A introdución das moedas de medio centavo en virtude da Lei da moeda de 1792 foi ditada polas necesidades moeda miúda para o cambio nos pagamentos cotiáns realizados con reais de prata españois, que daquela circulaban nos Estados Unidos, cuxa taxa se fixou en 12,5 centavos. Esta moeda cuñouse entre 1793 e 1857, con catro modelos diferentes:Yeoman R. S. (2009). Páxinas 87-94. DatasDenominación do modeloImaxeEspecificaciónsAnversoReversoPeso (g)Módulo (mm)Composición1793"½ Cent 1793". Numista.comBusto con barrete(Liberty Cap)126x126px126x126px6,74~ 23,50Cu 100%1794-1797"½ Cent Liberty Cap, Head Facing Right". Numista.com126x126px126x126px1800-1808"½ Cent Draped Bust". Numista.comBusto drapeado(Draped Bust)126x126px126x126px5,4423,50Cu 100%1809-1836"½ Cent "Classic Head". Numista.comCabeza clásica(Cassic Head)126x126px126x126px5,4423,50Cu 100%1840-1857"½ Cent "Braided Hair". Numista.comCabelo trenzado(Braided Hair)126x126px126x126px5,4423,00Cu 100%
1 centavo As moedas dun centavo comezaron a cuñarse xa en 1793. A lei da época estipulaba que o peso dun centavo debía ser o dobre do dunha moeda de medio centavo. As moedas dun centavo con formato grande emitíronse todos os anos ata 1857, agás en 1815, cando a escaseza de cobre no mercado fixo imposible a emisión desta moeda.Yeoman R. S. (2009). Páxina 93. Na década de 1850, o custo de produción e distribución das moedas de cobre comezou a aumentar. Ademais, estas moedas só eran populares nos grandes centros urbanos. En 1857, coa supresión da moeda de medio centavo, introduciuse o chamado "centavo pequeno", que a partir de entón debía pesar 4,66 gramos, nunha aliaxe composta por un 88% de cobre e un 12% de níquel. A nova lei tamén permitía á Casa da Moeda e ao Departamento do Tesouro trocar as antigas moedas dun centavo e de medio centavo, así como as moedas españolas, polos novos centavos.Yeoman R. S. (2009). Páxinas 108-109.
Durante a guerra civil estadounidense, as moedas de prata e de ouro desapareceron da circulación, e tamén as moedas de cobre se converteron nunha rareza. En 1864, o Goberno estadounidense anunciou a emisión de centavos de bronce.Yeoman R. S. (2009). Páxina 111.
En 1943, por mor da escaseza de cobre no mercado provocada pola segunda guerra mundial, o Departamento do Tesouro comezou a emitir moedas de aceiro recuberto de cinc. En 1944 retomouse a cuñaxe en bronce ata 1958.Yeoman R. S. (2009). Páxina 116. Entre 1959 e 1982, volveuse á aliaxe de cobre para a cuñaxe de moedas dun centavo.Yeoman R. S. (2009). Páxina 118. Desde 1982, as moedas deste valor cúñanse en discos de cinc recubertos de cobre.Yeoman R. S. (2009). Páxina 120.
Esta é unha listaxe das moedas dun centavo de cobre, de tamaño grande:Yeoman R. S. (2009). Páxinas 93-108, 111, 113. DatasDenominación do modeloImaxeEspecificaciónsAnversoReversoPeso (g)Módulo (mm)Composición1793"1 Cent "Flowing Hair Cent" Chain reverse". Numista.comCabelo solto (Flowing Hair) e cadeas no reverso140x140px140x140px13,4826-27Cu 100%1793"1 Cent "Flowing Hair Cent" Wreath reverse". Numista.comCabelo solto (Flowing Hair)e coroa no reverso140x140px140x140px26-281793-1796"1 Cent "Liberty Cap Cent"". Numista.comBusto con barrete140x140px140x140px13,48~ 29Cu 100%1796-1807"1 Cent "Draped Bust Cent"". Numista.comBusto drapeado140x140px140x140px10,89~ 29Cu 100%1808-1814"1 Cent "Capped Bust - Classic Head Cent"". Numista.comCabeza clásica140x140px140x140px10,89~ 29Cu 100%1816-1857"1 Cent "Liberty Head / Matron Head" Type 1". Numista.com"1 Cent "Liberty Head / Matron Head Modified" Type 2 Young Head". Numista.comCabelo trenzado140x140px140x140px10,8928-29Cu 100% Esta é unha listaxe das moedas dun centavo de cuproníquel, xa en tamaño reducido:Yeoman R. S. (2009). Páxinas 109-110. DatasDenominación do modeloImaxeEspecificaciónsAnversoReversoPeso (g)Módulo (mm)Composición1856-1858"1 Cent "Flying Eagle Cent"". Numista.comCentavo Flying Eagle111x111px111x111px4,6719,00Cu 88%Ni 12%1859"1 Cent "Indian Head Cent" without shield". Numista.comCentavo Indian Head115x115px115x115px4,6719,00Cu 88%Ni 12%1860-1864"1 Cent "Indian Head Cent" with shield". Numista.com115x115px115x115px Esta é unha listaxe das moedas dun centavo cuñadas en bronce:Yeoman R. S. (2009). Páxinas 111, 113, 116, 118. DatasDenominación do modeloImaxeEspecificaciónsAnversoReversoPeso (g)Módulo (mm)Composición1864-1909"1 Cent "Indian Head Cent"". Numista.comCentavo Indian Head115x115px115x115px3,1119,00Cu 95%Sn-Zn 5%1909-19421944-1958"1 Cent "Lincoln - Wheat Ears Reverse"". Numista.comCentavo Lincoln(Lincoln Cent)115x115px115x115px3,1119,00Cu 95%Sn-Zn 5%/Cu 95%Zn 5%(1944-1946) Por mor da segunda guerra mundial, o centavo cuñouse en aceiro revestido de cinc:Yeoman R. S. (2009). Páxina 116. DatasDenominación do modeloImaxeEspecificaciónsAnversoReversoPeso (g)Módulo (mm)Composición1943-1944"1 Cent "Steel Cent"". Numista.comCentavo Lincoln113x113px112x112px2,7019,00Núcleo: AceExt.: Zn A partir de 1959 o centavo emitiuse en bronce ata 1982 e en cinc cobreado en adiante:Yeoman R. S. (2009). Páxinas 120-121. DatasDenominación do modeloImaxeEspecificaciónsAnversoReversoPeso (g)Módulo (mm)Composición1959-2008"1 Cent "Lincoln Memorial Cent"". Numista.comCentavo Lincoln112x112px111x111px2,5019,00Ae(<1982)/Zn 97,5%Cu 2,50%(>1982)2009"1 Cent "Lincoln Cent" Birth and Early Childhood". Numista.com"1 Cent "Lincoln Cent" Formative Years". Numista.com"1 Cent "Lincoln Cent" Professional Life". Numista.com"1 Cent "Lincoln Cent" Presidency". Numista.com4 momentos davida de Lincoln> 2010"1 Cent "Lincoln Cent - Shield Reverse"". Numista.com133x133px
2 centavos
A introdución das moedas de 2 centavos, en virtude da Lei da Moeda de 1864, pretendía contrarrestar a escaseza de efectivo en circulación que se produciu polo acaparamento de moedas durante a guerra civil estadounidense."Two Cent Pieces". Twocentpiece.com
A moeda de 2 centavos tivo un único modelo:Yeoman R. S. (2009). Páxina 122.
DatasDenominación do modeloImaxeEspecificaciónsAnversoReversoPeso (g)Módulo (mm)Composición1864-1873"2 Cents "Union Shield"". Numista.com2 centavos126x126px126x126px6,2223,00Cu 95%Sn-Zn 5%
3 centavos
A febre do ouro de California fixo que aparecesen no mercado grandes cantidades de ouro. Isto conduciu a unha redución do valor deste metal en relación coa prata, polo que as moedas deste metal pasaron a valer máis polo seu metal que polo seu valor nominal. En consecuencia, moitas moedas foron retiradas da circulación e fundidas. A Administración non quería pór diñeiro fiduciario no mercado, polo que se decidiu introducir unha moeda que contivese suficiente prata como para ser considerada nobre mais, ao mesmo tempo, cunha mestura de cobre que desalentase o seu acaparamento para a fundir. Xa que logo, o Congreso introduciu a moeda de prata de tres centavos en 1851."Silver Three Cent Pieces". Threecentsilvers.com
Esta é unha listaxe das moedas de 3 centavos cuñadas en prata:Yeoman R. S. (2009). Páxina 123. DatasDenominación do modeloImaxeEspecificaciónsAnversoReversoPeso (g)Módulo (mm)Composición1851-1853"3 Cents type 1 - no lines bordering star". Numista.com3 centavos de prata100x100px100x100px0,8014,00Ag 75%Cu 25%1854-1858"3 Cents type 2 - two lines bordering star". Numista.com100x100px98x98px0,75Ag 90%Cu 10%1859-1873"3 Cents type 3 - one line bordering star". Numista.com100x100px A guerra civil supuxo un motivo para o acaparamento das moedas de prata, mesmo das de baixa lei, como a de 3 centavos, polo que se fixo necesario substituír a moeda fraccionaria. Entre outras cousas, introduciuse no sistema unha nova moeda de 3 centavos cuñada en cuproníquel, que nun principio coexistiu coa súa equivalente de prata. Mais diversos factores, entre eles a redución das taxas de Correos e a existencia de grandes cantidades de moedas de un e de 5 centavos en circulación, fixeron que se deixasen de cuñar as moedas de 3 centavos en 1889."Nickel Three Cent Pieces". Threecentnickel.com
Esta é unha listaxe das moedas de 3 centavos cuñadas en cuproníquel: Yeoman R. S. (2009). Páxina 124. DatasDenominación do modeloImaxeEspecificaciónsAnversoReversoPeso (g)Módulo (mm)Composición1865-1889"3 Cents "Three Cent Nickel"". Numista.com3 centavos de níquel112x112px112x112px1,9417,90Cu 75%Ni 25%
5 centavos Aínda que as moedas de 5 centavos de prata se estableceron na Lei da Moeda de 1792, a moeda dese ano tivo unha tiraxe moi limitada;"1792 Half Disme". Flowinghairhalfdime.com a cuñaxe en cantidades importantes non comezou ata 1795 —algunhas das moedas cuñadas nese ano amosan a data anterior de 1794—."Flowing Hair Half Dimes". Flowinghairhalfdime.com Ata 1837, as moedas deste valor facial pesaban 1,347 gramos e estaban cuñadas en discos de prata de 892 milésimas. En 1837, o peso das moedas rebaixouse a 1,336 gramos, mais cunha lei superior de 900 milésimas. Coa Lei da Moeda de 1853, o peso da moeda reduciuse novamente, ata 1,24 gramos.Yeoman R. S. (2009). Páxina 136. O acaparamento das moedas de metais preciosos durante a guerra civil tamén afectou a esta moeda, e as autoridades víronse na obriga de suplir a escaseza desta moeda no mercado emitindo o seu equivalente en cuproníquel. A moeda de 5 centavos foi a primeira nos Estados Unidos cuñada nesta aliaxe, en 1866."Shield Nickels". Shieldnickels.us
Durante a segunda guerra mundial, o níquel utilizouse amplamente na industria armamentística, o que levou a que en 1942 o Congreso prohibise o seu uso na cuñaxe. No canto del, decidiuse utilizar unha aliaxe de prata, cobre e manganeso, coa intención de que as pezas cuñadas con esta aliaxe fosen retiradas da circulación despois da guerra."Jefferson Nickel Composition and Specifications". Jeffersonnickel.org Finalizada a contenda, a moeda de 5 centavos continuou sendo cuñada en cuproníquel ata os nosos días."Jefferson Nickels". Jeffersonnickel.org
Esta é unha listaxe das moedas de 5 centavos (half dime) cuñadas en prata:Yeoman R. S. (2009). Páxinas 136-141.