dereita|miniatura|Placa da rúa Avelino López en Bran. Avelino López López, nado en Bran (Niñodaguia, Santiso) cara a 1907 e finado en Serantes o 24 de agosto de 1988, foi un mestre e político galego.

Traxectoria Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela. Foi nomeado mestre interino de Melide en agosto de 1936.La Voz de Galicia, 30-8-1936, p. 6. Trasladouse á escola de Sésamo (Culleredo) en 1943.El Compostelano, 6-9-1943, p. 2. Despois foi mestre de Eidián (Agolada) ata que foi trasladado á Ponte Arcediago en 1952.El Pueblo Gallego, 11-7-1952, p. 6. En 1952 foi nomeado alcalde de Santiso. Continuou no cargo ata as primeiras eleccións democráticas. Finou en Serantes o 24 de agosto de 1988.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 25-8-1988, p. 41.

Vida persoal

Casou en 1935 con María Rocío Mejuto Varela, filla de Ramón Mejuto Méndez,El Eco de Santiago, 20-4-1935, p. 3. e foi pai de Ramón, José Luis, Gonzalo, Antonio, Manuel e Miguel López Mejuto. Recoñecementos

Unha rúa de Bran leva o seu nome.Santiso bautizará doce viais cos nomes dos alcaldes do século XX

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Alcaldes de Santiso Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Santiso Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1988