Caio Terencio Arsa ou Caio Terentilio Arsa (en latín, Gaius Terentilius Harsa), foi un tribuno da plebe da República romana no 462 a.C. Terentilio propuxo un código de leis que regulase o poder dos cónsules, aproveitando que estes estaban en campaña contra os volscos e os aequi, para meter presión ao Senado controlado polos patricios.

Foi o primeiro membro da gens Terencia que chegou a un cargo.

Traxectoria Mentres os cónsules Lucio Lucrecio Tricipitino e Tito Veturio Xémino Cicurino estaban a dirixir ao exército en campaña, Arsa aproveitou para denunciar a arbitrariedade do poder consular, que segundo el era similar ao da antiga Monarquía romana.

Apoiado polos seus colegas, presentou un proxecto de lei, a Proposta Terentilia, para crear unha comisión de cinco membros, coa misión de definir os límites do poder consular, pondo por escrito os dereitos do cónsul, e ofrecendo así a oportunidade aos plebeos de se protexeren fronte os abusos de poder.Tito Livio, Histoire romaine, III, 9 Para Tito Livio, a empresa tiña un obxectivo político, pero para Dionisio de Halicarnaso, Arsa buscaba impor unha igualdade ante a lei, ou sexa, que os patricios e os plebeos estivesen sometidos á mesma lexislación.

Estando ausentes de Roma os cónsules, foi o Prefecto romano, Quinto Fabio Vibulano, o que interveu para impedir que se adoptase a Lei Terentilia. Reuniu ao Senado e denunciou os actos do tribuno da plebe, conseguindo convencer aos outros tribunos de atrasa-la votación desta lei até a volta dos cónsules. Á volta destes, Arsa relanzou a súa proposta cuxa votación foi, de novo, diferida polos patricios, para permitir a un dos cónsules vitoriosos, Lucrecio, entrar en Roma en triunfo, e a Veturio en ovación.Tito Livio, Histoire romaine, III, 10

Consecuencias da rogatio Terentilia Malia oposición dos patricios, a proposición de Arsa non foi rexeitada, senón posposta. O nome de Caio Terentilio Arsa desapareceu dos relatos antigos e só o seu proxecto continuou sendo mencionado. A súa proposta, en efecto, foi retomada cada ano, entre 462 e 454 a. C. a través de novos proxectos de lei que propoñían os tribunos. Finalmente, despois de máis de dez anos de loitas, os tribunos da plebe, reelixidos ano tras ano, obtiveron o compromiso de que a cambio de abandona-lo proxecto de Lex Terentilia, crearíase unha comisión con orde de copia-las soadas leis de Solón, e de coñecer as institucións dos restantes estados de Grecia, dos seus costumes e os seus dereitos.Tito Livio, Histoire romaine, III, 31

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Tribunos da plebe Categoría:Nados no século -V Categoría:Finados no século -V Categoría:Gens Terencia