LunaJets é unha empresa privada de alugueiro de avións de negocios, fundada en 2007 por Eymeric Segard en Xenebra (Suíza), onde ten a súa sede. Ten oficinas tamén en Londres, París, Mónaco, Riga e Dubai.
A compañía non posúe ningún avión en propiedade; o seu modelo de negocio consiste en conectar os operadores e propietarios de avións privados con clientes finais. Ao longo dos anos, LunaJets desenvolveu unha rede global de 350 operadores con acceso a 4.800 avións, tanto turbohélices coma jets a reacción que varían en tamaño, desde very light jets, coma o Cessna Citation Mustang, ata avións VIP, coma os Boeing Business Jet (BBJs) ou os Airbus Corporate Jets (ACJs).
Forma parte das alianzas European Business Aviation Association (EBAA) e da National Business Aviation Association (NBAA). Posúe a certificación ARGUS (filial de SGS).
Historia LunaJets foi fundado en decembro de 2007 por Eymeric Segard, antigo publicista da axencia Ogilvy, tras lograr reunir dous millóns de dólares de investidores privados. O concepto inicial era crear unha plataforma en liña para proporcionar "voos baleiros" (empty-leg flights), e "asentos baleiros" de última hora en avións privados que voan baleiros, cun desconto sobre o prezo de mercado que poden alcanzar o 75%. Estes "voos baleiros" son avións que transitan sen pasaxeiros debido á necesidade de reposicionarse ou volver á súa base, entre outras razóns.
Nese momento o empresario Richard Branson, xunto con Scott Duffy, lanzou un proxecto similar chamado Virgin Charter, onde se potenciaba o jet-sharing (compartir avión privado) e a revenda de asentos, modelos de negocio que LunaJets non compartiu. Virgin Charter, que nese momento empregaba a 100 persoas, detivo as súas operacións en 2009 cando o alugueiro de avións privados caeu drasticamente debido á crise financeira. Nese mesmo ano 2009, LunaJets lanzou o seu sitio web, especializado en servizo completo e baixas comisións en voos privados baixo demanda.
En 2010, LunaJets rebautizouse como provedor de voos chárter de baixo custo baixo o slogan “fly private at the best price” (voa en privado ao mellor prezo), ofrecendo voos a demanda e voos baleiros (empty-legs). Ese mesmo ano abriron unha oficina en Hungría.
En 2015 lanzaron a súa app para móbiles, presentada pola cadea CNBC coma o Uber da aviación privada. Ese mesmo ano, LunaJets abriu unha sucursal dentro da terminal de jets privados en Olbia (Italia) e en Dubai, así coma unha nova oficina en Eivisa. Neste momento a empresa contaba cuns 25 empregados.
En 2017 a empresa superou os 40 empregados, contando 20 nacionalidades e 12 idiomas. LunaJets alcanzou os 60 millóns de francos suízos en vendas anuais en 2018, o que representa un aumento do 40% con respecto ao ano anterior. Ademais, en 2018 a empresa organizou preto de 5.000 voos, un 35% máis ca o ano anterior. Ese mesmo ano foi a primeira vez que a revista económica Bilan premiou á empresa como mellor empregador do ano. O crecemento da compañía foi notable: En 2010 venderon unhas 550 prazas e contaban cuns 10 empregados e para 2019 xa subiran a 6.000 voos e uns 50 empregados.
En 2021, LunaJets alcanzou os 100 millóns de francos suízos en vendas anuais, máis de 8.000 voos organizados e 60 empregados repartidos en seis oficinas: Xenebra, París, Londres, Riga, Mónaco e Dubai. Ese mesmo ano superou a cifra de máis de 1.100 novos clientes que cobren voos de longo alcance en todos os continentes, así como operou voos chárter de urxencia desde Cabul. Na actualidade lidera os servizos de jet chárter en Europa.
Modelo de negocio O modelo de negocio de LunaJets baséase en alugar jets privados ofrecendo os mellores prezos do mercado. A súa función é poñer en contacto os propietarios dos avións de negocios cos clientes finais. Para poder ofrecer os mellores prezos baséanse no poder adquisitivo e nunha tecnoloxía propia desenvolvida polo equipo, que lles permite ofrecer un servizo 24 horas.
Filiais LunaJets pertence ao grupo Luna Aviation. Dentro do grupo atópase LunaSolutions, especializada na venda e adquisición de aeronaves; LunaGroup Charter, para grupos grandes de pasaxeiros e LunaLogistik, especializada en voos de carga e urxencias médicas.
LunaSolutions LunaSolutions, fundada en 2020, ofrece un servizo personalizado a aqueles que desexen vender ou intercambiar avións privados. Estes poden ser clientes privados, corporativos ou incluso gobernos. O obxectivo é brindarlles o asesoramento axeitado e individualizado para a adquisición ou venda de jets privados. As súas oficinas localízanse en Xenebra, Londres e París. Grazas á experiencia de máis de 10 anos de LunaJets no sector, o coñecemento sobre aeronaves é moi completo e avanzado para unha solución a medida de cada cliente.
LunaGroup Charter LunaGroup Charter funciona de maneira similar a LunaJets, dedicado á localización de avións privados pero para grupos grandes, cos mesmos principios de efectividade e transparencia, adaptando as necesidades do grupo na busca da mellor solución para calquera destino e lugar de partida. En 2022, LunaGroup Charter bateu o récord de 5.500 pasaxeiros voando o mesmo día para o Torneo das Seis Nacións de rugby.
LunaLogistik LunaLogistik adícase a axudar a clientes particulares e corporacións co servizo de transporte e envío de mercadorías por vía aérea. Estas cargas poden ser desde valiosas obras de arte, documentos importantes, produtos perigosos, ou mercadorías grandes e pesadas. As oficinas atópanse en Xenebra e Londres.
Certificacións e asociacións miniatura|Logo da EBAA LunaJets conta coa certificación ARGUS, o símbolo de excelencia máis respectado dentro da industria da aviación, sendo unha filial do grupo francés SGS. En 2015 foi a primeira empresa de voos chárter en obter esta certificación fóra dos Estados Unidos, renovada dous anos máis tarde.
En 2018 a revista financeira suíza Bilan recoñeceu a LunaJets coma "Mellor empregador de Suíza", para empresas emerxentes con menos de 100 empregados. En 2021 recibiu o premio por cuarta vez.
LunaJets é membro da European Business Aviation Association (EBAA) e da National Business Aviation Association (NBAA) estadounidense.
LunaJets pertence a The Air Charter Association como axente certificado de ARGUS. Esta certificación está pensada para promover maiores niveis de seguridade e atención ao cliente. Ofrecen consultoría de aviación, estándares de auditoría global e analítica aeronáutica.
Patrocinios miniatura|Veleiro IMOCA La Fabrique Desde 2011 LunaJets patrocina o equipo de vela Aleph Sailing Team. En 2014 convertéronse en socios de The Womanity Foundation, en Suíza. No verán de 2016 LunaJets patrocinou o Stile F Squadra Corse no Blancpain GT Series, unha carreira anual de GT3 no Circuíto Paul Ricard, en Le Castellet (Francia).
En 2017, anunciaron o seu apoio á World Bicycle Relief, organización sen ánimo de lucro que reparte bicicletas a nivel global, como parte do seu programa de responsabilidade social corporativa. Un ano máis tarde renovaron o seu compromiso coa organización.
Ese mesmo ano patrocinaron un catamarán de aluminio easy-to-fly chamado Luna. En 2018, foi o primeiro easy-to-fly en gañar a carreira Bol d'Or Mirabaud, no lago Léman de Xenebra.
En 2018 anunciouse o patrocinio durante tres anos das viaxes e regatas de Alan Roura, a bordo do veleiro IMOCA La Fabrique.
En 2022 LunaJets converteuse no patrocinador da Scuderia Monte-Carlo (filial de Ferrari en Mónaco) para o campionato Ferrari Challenge en Europa e apoiando á Fundación Eden, para a construción dun orfanato e unha escola en Cotonou (Benín). O seu piloto, o monegasco Willem van der Vorm, venceu o campionato de 2021.
Frota A frota á que ten acceso LunaJets, dentro das categorías Very Light Jets (en xeral, de 4-5 asentos), Light Jets (5-8 asentos), Super Light Jets (6-8 asentos), Midsize Jets (6-9 asentos), Super Midsize Jets (7-9 asentos), Large Jets (10-12 asentos), Super Large Jets (12-15 asentos), Long Range Jets (12-15 asentos), Turboprops, VIP Airliner e Regional Jet Airliner; está formada polas seguintes aeronaves:
Very Light Jets Embraer Phenom 100/100E Eclipse Aviation Eclipse 550 Cessna Citation Mustang Honda HondaJet
Light Jets Cessna Citation M2 Cessna Citation CJ1/CJ plus Nextant 400XT Piaggio Avanti P180 Cessna Citation CJ2/CJ2 plus Bombardier Learjet 40/ 40XR Hawker Beechcraft Premier 1A Hawker Beechcraft 400/ 400XP Cessna Citation Encore plus Cessna Citation V Cessna Citation Bravo Cessna Citation II Cessna Citation CJ3/CJ3 Plus Cessna Citation CJ4 Beechjet 400 A
Super Light Jets Pilatus PC-24 Embraer Phenom 300/300 E Bombardier Learjet 45 / 45XR Cessna Citation VII Cessna Citation XLS/XLS plus Bombardier Learjet 75
Midsize Jets Gulfstream G150 Hawker Beechcraft 750 Bombardier Learjet 60 / 60XR Cessna Citation Sovereign Embraer Legacy 500 Embraer Praetor 500 Hawker Beechcraft 850XP Hawker 800 Hawker Beechcraft 900XP Cessna Citation Latitude Cessna Citation III
Super Midsize Jets Legacy 450 Dassault Falcon 50 / 50 EX Hawker Beechcraft 4000 Hawker Beechcraft 1000 Gulfstream G280 Cessna Citation X Gulfstream G200 Bombardier Challenger 300 Bombardier Challenger 350 Embraer Praetor 600
Large Jets Dassault Falcon 2000S Dassault Falcon 2000 Dassault Falcon 2000XLS Dassault Falcon 2000EX Bombardier Challenger 605 Bombardier Challenger 604 Dassault Falcon 2000LX Dassault Falcon 900LX Bombardier Challenger 650 Dassault Falcon 900 Embraer Legacy 650 / 650E Gulfstream 350 Dassault Falcon 900EX Dassault Falcon 900EX EASy Gulfstream G III Legacy 600
Super Large Jets Dassault Falcon 6X Dassault Falcon 900C Dassault Falcon 900DX Gulfstream G IV Gulfstream G IV-SP Bombardier Challenger 850 Bombardier Challenger 5000 Gulfstream G500 Dassault Falcon 900B Gulfstream G450 Bombardier Global 5500
Long Range Jet Bombardier Global Express Dassault Falcon 7X Bombardier Global 6000 Gulfstream G550 Gulfstream 650 Gulfstream G V Dassault Falcon 8X Bombardier Global 7500 Bombardier Global 6500 Gulfstream 700
Turboprops Beechcraft King Air 90GTx Turboprops Pilatus PC-12 NGX Pilatus PC-12 Turboprops Beechcraft King Air 200 Turboprops Beechcraft King Air 350i Fairchild Metro 23 Dornier 228 Dornier 328 Saab 340 Fokker 50
VIP Airliner Embraer Lineage 1000 (14 asentos) Airbus ACJ318 (18 asentos) Airbus ACJ319 (19 asentos) Boeing Business Jet BBJ 3 (19 asentos) Boeing Business Jet BBJ 2 (19 asentos) Airbus ACJ30 Boeing BBJ
Regional Jet (RJ) Airliner Fairchild Dornier 328 (14 asentos) Embraer ERJ 145 (48 asentos)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial da empresa
Categoría:Aviación civil Categoría:Empresas de Suíza