Adrienne Marie Louise Grandpierre-Deverzy, nada en Tonnerre, Yonne en 1798, e finada en París en 1869, foi unha pintora francesa, alumna do pintor Abel de Pujol (1787-1861), que estudara con Jacques-Louis David. En 1856 casou con Abel de Pujol, converténdose na súa segunda esposa cando el tiña 71 anos e ela 58. Coñecida polas súas pinturas de interiores e historicistas enmarcadas no estilo trobador, tamén ensinou ás alumnas do estudo de Pujol e foi considerada unha profesora comprometida.

Traxectoria Grandpierre-Deverzy expuxo baixo o seu apelido de solteira até a súa voda con Abel de Pujol, cando empezou a asinar como Adrienne de Pujol.

Debutou no Salón de París de 1822 co cadro O estudio de Abel de Pujol; esta obra foi unha das varias imaxes do estudio de Pujol que produciu ao longo da súa carreira.Harris, Ann Sutherland e Linda Nochlin (1976), Women Artists, 1550-1950, p. 219. Alfred A. Knopf, Nova York. Inspirada polo seu traballo de profesora no estudio de Pujol, este cadro mostra a Pujol falando dun lenzo mentres un grupo de novos estudantes de arte o rodean, outros traballan nos seus cadros, seleccionan pinturas e soñan espertos pola xanela. "Abundan as claves didácticas apropiadas a este xénero, entre as que se inclúen a modelo feminina vestida e sentada na esquina ao fondo á esquerda, copias de tres pinturas relixiosas identificables de Pujol, que se especializou nese xénero, e un estante de moldes de xeso cun torso espido masculino virado decorosamente, aínda que rebuldeiro, cara á parede."

En 1836, pintou outra vista do Estudio de Abel de Pujol. Aquí o rostro de Pujol está oculto por un gran lenzo mentres pinta a unha modelo semiespida, afastada do público e da propia artista. Este xesto de modestia, así como a escultura masculina espida no fondo, cuxo brazo escurece os seus xenitais, son exemplos das limitacións impostas ás mulleres artistas debido aos costumes sociais e os condicionamentos morais do século XIX.

Relacionada co estilo trobador, Grandpierre-Deverzy é coñecida polas súas pinturas narrativas que representan temas extraídos da historia e a literatura europea moderna. Tamén pintou interiores e temas literarios, incluíndo un cadro baseado en Quentin Durward de Walter Scott. Outra escena histórica e literaria é a obra Cristina de Suecia ordena matar a Giovanni Monaldeschi, exposta no Chateau de Fontainebleau, e unha escena da novela do século XVIII Las aventuras de Gil Blas de Santillana.

O seu traballo exhibiuse con frecuencia nos salóns de París entre 1822 e 1855 e incluíu temas históricos, retratos e pinturas de xénero. Recibiu unha medalla de prata da Societé des amis des arts de Cambrai en 1828.

Posteridade O seu nome aparece no Dicionario Universal de Pierre Larousse en 1875.

A súa obra foi redescuberta a partir de 1976 con motivo da exposición universal «Women Artists: 1550–1950», que se celebrou nos Estados Unidos presentando os traballos de 83 artistas femininas europeas e americanas durante catro séculos.

A súa obra Retrato de muller con vestido branco foi poxada en 2018.

Galería

Notas

Categoría:Nados en 1798 Categoría:Finados en 1869 Categoría:Pintores de Francia