Nuno Aires Rodrigues dos Santos, nado en Luanda (Angola) o 13 de marzo de 1910 e finado en Lisboa o 5 de abril de 1984, foi un político portugués.

Traxectoria Fillo de António da Cruz Rodrigues dos Santos e da súa muller Maria José Gonçalves, Nuno Aires naceu en Luanda, capital do Estado da África Occidental, o 13 de marzo de 1910, sete meses antes da revolución que derrocaría a monarquía portuguesa.

Foi un dos «republicanos históricos» máis prestixiosos do Partido Popular Democrático, fundado en maio de 1974 e desde 1976 denominado Partido Social Demócrata (PPD/PSD),Non confundir co Partido Socialista. con fortes conviccións democráticas e humanistas que o levaron a se opoñer á ditadura do Estado Novo. Era ademais membro coñecido do Grande Oriente Lusitano - Maçonaria Portuguesa, tras iniciarse en 1935 na Loja Magalhães Lima, de Lisboa, co nome simbólico de «Danton», e pertenceu durante a clandestinidade á tamén lisboeta Loja Liberdade, onde acadou o grao 30.

Deputado da Assembleia Constituinte en 1975, volvería ser elixido á Asemblea da República en 1976, 1979, 1980 e 1983. Entón presidiu a Comisión Política Nacional, tras ser nomeado no X Congreso do PPD/PSD, celebrado en Albufeira, no Hotel Montechoro, os días 25, 26 e 27 de febreiro de 1983. Nel Francisco Pinto Balsemão —un dos tres líderes fundadores canda Francisco Sá Carneiro e Joaquim Magalhães Mota— foi derrotado e a dirección do partido entregóuselle a unha estrutura colexiada que integraban o propio Nuno Rodrigues dos Santos, Henrique Nascimento Rodrigues, Carlos Mota Pinto e Eurico de Melo.Nuno Rodrigues dos Santos na páxina do Partido Social-Demócrata.Rodrigues dos Santos Nuno Rodrigues dos Santos na páxina da Fundação Mário Soares.

Estivo casado con Júlia Rodrigues de Brederode, descendente dos baróns de Brederode, orixinarios dos Países Baixos. Ambos foron pais do xornalista e xurista Nuno Brederode dos Santos (1944-2017) e de Maria Emília Brederode Santos, casada con José Manuel de Medeiros Ferreira.

O 30 de xuño de 1980 foi agraciado co grao de Comendador da Ordem da Liberdade.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sobre a identidade orixinaria socialdemócrata republicana histórica do Partido Social Demócrata:

Testemuño de Montalvão Machado sobre Sá Carneiro e a creación do PSD para o Instituto Francisco Sá Carneiro, sitio do PSD

Sobre Rodrigues dos Santos:

Fotografía de Nuno Rodrigues dos Santos no Flickr do PSD Nuno Rodrigues dos Santos xunto a Francisco Sá Carneiro e Barbosa de Melo no Flickr do PSD Mandatos de deputado de Nuno Rodrigues dos Santos na páxina web da Asemblea da República

Categoría:Masóns de Portugal Categoría:Finados en 1984 Categoría:Nados en 1910