Arden Patapoutian, en , nado en 1967 é un biólogo molecular e neurocientífico libanés - estadounidense de orixe armenia. Traxectoria
Carreira profesional Estudou Química na Universidade Americana de Beirut cunha bolsa da Fundación Calouste Gulbenkian.
Patapoutian investiga a transdución de sinais a partir de sensores. Fixo contribucións significativas á identificación de novas canles iónicas e receptores que se activan pola temperatura, as forzas mecánicas ou o aumento do volume celular. Patapoutian e os seus colaboradores puideron demostrar que estas canles iónicas xogan un papel importante na sensación de temperatura, na sensación de tacto, na propiocepción, na sensación de dor e na regulación do ton vascular. Traballos máis recentes utilizan técnicas de xenómica funcional para identificar e caracterizar canles iónicos mecanosensíbeis (mecanotransdución).
Premios e honras Recibiu o premio W. Alden Spencer 2017 e o premio Rosenstiel 2019. En 2020 foi galardoado, xunto con David Julius, co Premio Kavli2020 Kavli Prize in Neuroscience www.kavliprize.org. Acesso em 27-5-2020. e os Premios da Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento.
En 2021 foi galardoado co Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina xunto con David Julius polas súas investigacións sobre o sistema somatosensorial, a saber, os receptores da temperatura e do tacto.
Conceptos
As proteínas LRRC8 forman canles aniónicas dependentes de volume que detectan a forza iónica. Piezo2 é o principal transdutor de forza mecánica para a sensación táctil en ratos. SWELL1, unha proteína da membrana plasmática, é un compoñente esencial da canle anión regulada por volume. Piezo2 é necesario para a mecanotransdución das células de Merkel. Os piezos son subunidades formadoras de poros de canles activadas mecanicamente. O papel da Drosophila Piezo na nocicepción mecánica. Piezo1 e Piezo2 son compoñentes esenciais de distintas canles catiónicas activadas mecanicamente.
Publicacións seleccionadas
PIEZO1 + PIEZO2
PIEZO 2
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina
Categoría:Neurobiólogos Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Beirut