Motala é un concello sueco no condado de Östergötland. A súa capital é a localidade de Motala. En setembro de 2022 o municipio tiña unha poboación de 43 746 habitantes.
O concello atópase na ribeira leste do lago Vättern no noroeste do landskap de Östergötland. En dirección leste-oeste esténdense o río Motala e a canle Göta través do lago Boren. Limita ao norte cos municipios de Askersund e Hallsberg, ao oeste cos de Finspång e Linköping, ao sur co de Mjölby e ao suroeste co de Vadstena. No oeste o concello tamén ten unha fronteira marítima co municipio de Karlsborg.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Östergötland