O sentido do tacto é aquel que permite aos organismos percibir cualidades dos obxectos e medios como a presión, temperatura, textura e dureza. En galego, tacto ou táctil refírese a varios conceptos relacionados co sentido e a acción de tocar, fisicamente ou metaforicamente, e na medicina designa tamén un método de exploración que implica o uso dos dedos para examinar cavidades corporais (e.g. tacto rectal). Figuradamente, o termo é empregado para describir a capacidade de tratar asuntos ou persoas con sensibilidade e prudencia. miniatura|Tacto humano. Disección da man e o pulso.

Sensación e funcións Estrutura e funcións sensoriais da pel A pel ten diferentes clases de receptores nerviosos que transforman os diferentes tipos de estímulos externos en información que pode ser interpretada polo cerebro. A pel divídese en tres capas: a epiderme (capa superficial), a derme e a hipoderma (capa máis profunda). esquerda|miniatura|267x267px|O Tacto, de José de Ribera, cadro da serie dos sentidos (Museo Norton Simon, Pasadena, Estados Unidos). A epiderme está constituída por tecido epitelial e no seu estrato basal ou xerminativo atopamos a melanina, que dá cor á pel. A derme está formada por tecido conxuntivo e contén anexos cutáneos como as glándulas sebáceas, as glándulas sudoríparas, o pelo e as uñas. A hipoderma está composta por tecido conxuntivo adiposo.

O tacto alén da pel Debemos ter en conta que o sentido do tacto non só se atopa na pel, senón tamén nas terminacións nerviosas internas do organismo, o que permite sentir cambios significativos de temperatura ou dor. Porén, hai unha distinción importante que algúns expertos fan: o termo "somatosensación" refírese ao conxunto de sensacións corporais, incluíndo tacto, temperatura, dor, propiocepción e esquema corporal etc. Mentres o tacto se asocia principalmente coa percepción de textura, presión ou vibración a través da pel, a somatosensación abrangue unha gama máis ampla de sensacións, incluíndo aquelas que non sempre se consideran parte do tacto estrito.

O tacto e a somatosensación son uns dos sentidos máis importantes, xa que permiten percibir riscos que poden afectar a nosa saúde tanto interna como externamente, e ademais xogan un papel fundamental na comunicación social. miniatura|Contacto entre unha man adulta e unha de bebé.

Etimoloxía O termo "tacto", provén etimoloxicamente do substantivo latino tactilis (toque, contacto), e este do participio tactus do verbo tángere (tocar, entrar en contacto).

Da mesma raíz proveñen os termos tanxible, tanguer e tanxer, tanxente, contaxiar ou contactar.

Véxase tamén

Audición Corpo Corpo humano Esquema corporal Gusto Nocicepción Olfacto Pel Senso do equilibrio Sensor Propiocepción Sistema nervioso Somatosensación Visión

Categoría:Tacto Categoría:Tipos de célula Categoría:Sistema nervioso