miniatura|Reverso dun florín de 1932 a nome de Xurxo V. O florín británico foi unha moeda británica co valor de 2 xilins ou a décima parte dunha libra (24 peniques), emitida pola Royal Mint desde 1849 ata 1967, cunha derradeira tiraxe unicamente para o coleccionismo en 1970.

A introdución do florín formou parte dun experimento de decimalización que naquel momento non chegou máis lonxe que iso. Os floríns orixinais, cuñados en 1849, suscitaron polémica por omitir a mención a Deus nos títulos da raíña Vitoria (1837-1901). Esta tipo, coñecido como "florín sen Deus", foi sucedido en 1851 polo florín gótico, chamado así polo seu deseño e pola súa tipografía. Durante a maior parte da súa existencia, o florín levou no seu anverso algunha variante dos escudos do Reino Unido ou dos emblemas das nacións que o compoñen, unha tradición coa que se rompeu entre 1902 e 1910 con Eduardo VII (1901-1910), cando a moeda pasou a lucir unha figura de Britannia de pé e ao vento.

En 1911, logo do ascenso ao trono de Xurxo V (1910-1936), o florín recuperou o deseño dos escudos e os cetros que tiña a finais da época vitoriana, e mantivo este motivo ata 1937, cando se lle colocaron os emblemas nacionais, motivo que mantivo durante todo o reinado de Xurxo VI (1936-1952). En 1953, tras o ascenso ao trono de Isabel II (1953-2022), o florín cambiou novamente o deseño do seu reverso.

En 1968, antes mesmo do inicio da decimalización, a Royal Mint comezou a cuñaxe das novas moedas de 10 peniques novos. Con todo, o florín foi a derradeira moeda en ser desmonetizada logo da decimalización do sistema monetario británico de 1970, xa que se mantivo en circulación ata 1993 circulando en paralelo á nova moeda de 10 peniques, coincidente non só no seu valor, senón tamén nas súas características métricas e na súa composición.

Creación do florín británico O nacemento da idea da decimalización do sistema monetario en Gran Bretaña remóntase a 1682, aínda que as primeiras propostas non supuxeron avance ningún a este respecto. O impulso á decimalización veu, entre outros factores, da adopción do sistema decimal na moedas do dólar estadounidense logo da independencia deste país, así como da decimalización do sistema do franco francés, ambos no século XVIII. En 1841 e 1843 xurdiron os primeiros comités en solicitar formalmente a asunción do sistema decimal para a moeda británica.Craig, J. (2010) . Páxinas 312-313. miniatura|Proba non adoptada dun florín de 1848, que amosa como valor facial ONE TENTH OF A POUND ("un décimo de libra")."1 Florin - Victoria Pattern". Numista.com En 1847, John Bowring presentou unha proposta no Parlamento Británico na que se pedía a introdución da moeda decimal e a cuñaxe de moedas dunha décima e dunha centésima de libra,Chard, L. (2019). "The Story of the Florin or Two Shilling Piece". Chard (www.chards.co.uk). 31 de maio. e o Goberno de Russell anunciou a intención de cuñar esa moeda dun décimo de libra ou 2 xilins, para así coñecer a predisposición da opinión pública, e tamén indicou que no futuro se estudaría a introdución doutras moedas decimais.Josset, C. R. (1962). Páxinas 130-131.

Houbo moitas discusións acerca de como debería chamarse a nova moeda —centum, decade e dime foron algunhas das propostas—Lobel, R. (1999) . Páxina 517. e finalmente optouse pola forma florin, non pola antiga moeda inglesa dese mesmo nome, senón porque os Países Baixos tiñan o seu florín ou gulden, cun valor e un tamaño similares.Seaby, P. (1985). Páxinas 155-156.

Emisións por monarcas

Vitoria (1849-1901)

1849: florín "sen Deus" miniatura|Florín de 1849, coñecido como "florín sen Deus", pola omisión de referencia a Deus nas lendas."1 Florin - Victoria 1st portrait; 'Godless' type". Numista.com Os primeiros floríns británicos cuñáronse en 1849 a nome da raíña Vitoria. Tiñan un estilo tendente ao Gótico e amosaban un busto da raíña moi nova ollando cara á esquerda,Craig, J. (2010) . Páxina 313. cos escudos cruciformes coroados do Reino Unido no reverso, e nos os emblemas das catro nacións. Este primeiro florín garda moita semellanza coa coroa gótica de 1847.Spink (2016). Páxinas 465, 467."1 Crown - Victoria 'Gothic' type". Numista.com Non en van, o anverso de ambos foi obra do gravador xefe da Royal Mint, William Wyon, en tanto que dos dous reversos se ocupou William Dyce. Aínda que a devandita coroa de 1847 tiña as súas inscricións en letra gótica, a tipografía do florín era romana.Seaby, P. (1985). Páxina 155.

O florín de 1849, cuñado en prata de 925 milésimas, tiña un peso de 11,3 gramos —definíase como 4⁄11 de onza troy—Kindleberger, C. P. (2005). A Financial History of Western Europe. Taylor & Francis. Páxina 60. ISBN 978-0415378673 e un diámetro de 28 milímetros. A lenda do anverso era o nome da raíña, VICTORIA REGINA, e no reverso amosaba con meridiana claridade o seu valor facial, coas lendas ONE FLORIN / ONE TENTH OF A POUND.Seaby, P. (1985). Páxina 156.

Para evitar confusións no incipiente experimento de decimalización, a moeda de media coroa —equivalente a 2 xilins e 6 peniques, ou un oitavo de libra—, que era moi próxima ao florín en tamaño e valor, non se emitiu entre 1850 e 1874, data esta na que se retomou a súa cuñaxe por petición do sector bancario, e as enquisas de popularidade revelaron que ambas as moedas desempeñaban senllos papeis útiles no comercio. Tanto o florín como a media coroa seguiron emitíndose xuntas ata a decimalización.Dyer, G. P.; Gaspar, P. P. (1992). Páxina 537.

É probable que a emisión desta primeira moeda dun florín causase grande impacto na poboación, entre outras cousas porque por primeira vez en case 200 anos unha moeda británica amosaba un retrato coroado do monarca. E aínda máis chocante debeu resultar a inscrición do anverso, VICTORIA REGINA, na que se omitía o habitual D. G. (Dei Gratia, "pola graza de Deus"). Esta circunstancia deu lugar a que a moeda de 1859 pasase a coñecerse como o "florín sen Deus". Ademais, a omisión das devanditas iniciais xerou unha nova controversia, xa que algúns sospeitaron que o Master of the Mint da Casa da Moeda de Londres, o irlandés católico romano Richard Lalor Sheil, conspiraba así para derrocar o réxime protestante. Mais na realidade a inscrición sen mención a Deus fora suxerida por Alberte, o príncipe consorte, marido da raíña Vitoria. Sheil declarou na Cámara dos Comúns que a inscrición fora un erro, o que levou a que o florín se redeseñase para a súa seguinte emisión en 1851, aínda que sobre a base dos mesmos modelos creados por Wyon e Dyce.

1851-1887: florín "gótico" miniatura|Florín "gótico" de 1859 (mdccclix), que recupera as habituais alusións a Deus nas súas lendas."1 Florin - Victoria 1st portrait; 'Gothic' type". Numista.com Este florín revisado tamén aumentou o seu diámetro, dos 28 aos 30 milímetros, aínda que sen variación do peso, e todas as súas inscricións están escritas en caracteres góticos. Ademais, a súa data está expresada en numeración romana. O busto de Vitoria e a heráldica permaneceron practicamente inalterados, mais a lenda do anverso si que cambiou notablemente, para recoller a mención a Deus, VICTORIA D G ("pola graza de Deus") BRIT REG F D ("defensora da fe"), ONE FLORIN ONE TENTH OF A POUND.

Malia o establecemento dunha comisión real para o efecto, o proxecto da decimalización perdeu pulo; só houbo un tímido apoio a unha moción de 1855 na Cámara dos Comúns que aplaudía a creación do florín e avogaba pola súa expansión a máis moedas de carácter decimal.Levi, L. (1880). Páxinas 474-476. O florín "gótico" emitiuse anualmente ata 1887, coas únicas excepcións de 1861 e 1882.Lobel, R. (1999) . Páxinas 518-519. Desde 1864 ata 1879, cuñáronse algúns exemplares de floríns con números de cuño gravados á dereita do broche do busto de Vitoria.Lobel, R. (1999) . Páxina 60. Tamén nalgunhas ocasións, a partir de 1867, a abreviatura BRIT ("británica") transformouse en BRITT, seguindo a práctica latina de duplicar unha consoante final para o plural. Deste xeito perseguíase incluír as colonias e outros territorios do imperio, ao pasar de "Raíña de Gran Bretaña" a "Raíña dos británicos".

1887-1892: florín "do xubileu" Véxase tamén: Moedas do Xubileu de Vitoria do Reino Unido miniatura|Florín "do xubileu", de 1889, creado por Boehm."1 Florin - Victoria 2nd portrait". Numista.com En 1887, como parte do redeseño da moeda británica para celebrar o xubileu de ouro ou quincuaxésimo aniversario do ascenso ao trono de Vitoria, estreouse un novo deseño para o anverso das moedas de ouro e de prata, obra de Joseph Edgar Boehm, que amosaba a raíña xa como unha muller de idade. As moedas con este novo deseño coñecéronse como "moedas do xubileu". No reverso deste novo florín suprimíronse as flores e substituíronse por cetros entre os escudos, cunha estrela da Xarreteira no centro.Spink (2016). Páxinas 473-474.

A nova cabeza da raíña nas moedas do xubileu resultou ser moi impopular, en parte debido á coroa que portaba, que se considerou ridiculamente pequena.Linecar, H. W. A. (1977). Páxina 109-110. O florín do xubileu compartiu o seu reverso cun efémero dobre florín, cuñado entre 1887 e 1890,"2 Florins - Victoria". Numista.com que Gertrude Rawlings describiu en 1898 como un "atizador do lume ou unha bandexa de té".Seaby, P. (1985). Páxina 157. O deseño do reverso foi creado e gravado por Leonard Charles Wyon —que tamén se encargara do gravado do anverso—, aínda que é probable que estivese influído polas moedas de ouro de Carlos II (1660-1685),"1 Guinea - Charles II". Numista.com deseñadas por John Roettiers.

O diámetro deste florín reduciuse a 29,5 milímetros. Todas as súas inscricións están en letras latinas e en números arábigos. A lenda do anverso é VICTORIA DEI GRATIA e a do reverso FID DEF BRITT REG, sen que apareza a indicación do valor facial. O florín do xubileu cuñouse anualmente entre 1887 e 1892.Lobel, R. (1999) . Páxina 517-519.

1893-1901: florín da "cabeza velada" Véxase tamén: Serie Old Head 155x155px155x155pxFlorín da "cabeza velada" de 1899, creado por Thomas Brock."1 Florin - Victoria 3rd portrait". Numista.com

Dada a falta de aceptación popular do busto das moedas do xubileu, en febreiro de 1891 estableceuse un comité para recomendar novos deseños. Para o anverso escolleuse un deseño de Thomas Brock e o comité recomendou varias opcións para os reversos.Craig, J. (2010) . Páxina 342. Este órgano consultivo avogou por que se utilizase un busto diferente no florín e na media coroa, para axudar a diferenciar ambas as moedas entre si, mais a recomendación non foi aceptada e o florín utilizou o mesmo anverso da "cabeza velada" ou "cabeza vella" que se introduciu para toda a moeda de prata e de ouro en 1893. Para mellorar a súa distinción con respecto á media coroa diminuíuse novamente o seu diámetro, ata os 28,5 milímetros. A lenda do anverso é VICTORIA DEI GRA BRITT REGINA FID DEF IND IMP e no reverso, de novo deseño e que amosa tres escudos separados por unha rosa, un trevo e un cardo —en referencia a Inglaterra, Escocia e Irlanda— lese a inscrición ONE FLORIN / TWO SHILLINGS.Seaby, P. (1985). Páxina 158.Spink (2016). Páxina 477. Este reverso foi creado por Edward Poynter. O derradeiro florín de Vitoria foi cuñado ininterrompidamente desde 1893 ata 1901, o ano da morte da raíña.

Eduardo VII (1901-1910) miniatura|Florín de 1909."1 Florin - Edward VII". Numista.com