Nässjö é un concello sueco no condado de Jönköping. A súa capital éa localidade de Nässjö. En setembro do ano 2022 o municipio tiña unha poboación de 31 587 habitantes.
O concello atópase no que normalmente é coñecido como as terras altas de Småländ. O seu punto máis alto é Tomtabacken, o punto máis alto de toda Götaland, que chega aos 377 metros sobre o nivel do mar.
Xeografía O concello de Nässjö está situado na parte norte do landskap de Småland, e limita ao norte co municipio de Aneby, ao leste cos de Eksjö e Vetlanda, ao sur co de Sävsjö, ao suroeste co de Vaggeryd e ao oeste co de Jönköping, todos no condado de Jönköping.
O municipio atópase en Tveta, Vedbo e Njudung, tres das terras pequenas tradicionais de Småland.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Jönköping